A música galega

  O EDNL e o Departamento de música elaboraron un mural sobre grupos galegos de diferentes xéneros. Mirade que ben o fixo o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO!


Lingua coa que como!

O EDNL As Bizocas, entregoulle á Tahis, a encargada da cafetería do Centro, unha carta dos seus produtos en galego, francés e inglés. Tamén lle entregamos carteis con consellos para unha boa alimentación. Esperemos que vos gusten!




As nosas Cunchas

Desde o EDNL recollimos algunhas cunchas para coñecer os seus nomes.


Comunicado do IES As Bizocas á prensa


O Consello Escolar e a Xunta de Delegados do IES As Bizocas queren expresar
1.- Ningún representante do Partido Popular se puxo en contacto co centro educativo para comprobar a veracidade da información que manexaban. Ademais este instituto non recibiu ningunha queixa nin oral nin por escrito, de ningún membro da comunidade educativa, sobre os feitos.
2.- Que segundo se recolle no artigo 25 do Real Decreto 732/1995 que regula os dereitos e deberes dos alumnos (BOE, 2 de xuño de 1995): "Os alumnos teñen dereito a ser informados polos membros da Xunta de Delegados e polos representantes das asociacións de alumnos tanto das cuestións propias do seu centro como das que afecten a outros centros docentes e ao sistema educativo". Así mesmo no noso Regulamento de Réxime Interno consta como función da Xunta de Delegados (punto 3) "recibir información dos representantes dos estudantes no Consello Escolar sobre os temas tratados nel e das confederacións, federacións estudiantís e organizacións xuvenís legalmente constituídas".
3.- Que tendo sido convocados a unha folga estudantil a través do correo ordinario para o día 10 de maio, a Xunta de Delegados solicitou ante a xefatura de estudos, utilizar o teléfono para recibir máis información.
4.- Que en consecuencia e en cumprimento dos seus dereitos, facilitámoslles "un espazo adecuado para que puideran celebrar as súas reunións e os medios materiais" necesarios. Cumprindo escrupulosamente coas indicacións contempladas no artigo 23 de Real Decreto que lexisla os Dereitos e deberes dos estudantes españois.
5.- Que a reunión coa representante dos estudantes, antiga alumna do propio centro, tivo lugar
9.- Que os rapaces e a representante dos estudantes se reuniron con toda liberdade e por iniciativa propia, tal e como lles corresponde no exercicio dos seus dereitos. Que nin o equipo directivo nin ningún outro membro do profesorado condicionou nin ten condicionado nunca aos estudantes deste instituto.
O centro considera lamentable o uso tendencioso e abertamente malintencionado que se fixo do sucedido. Queremos deixar constancia do noso rexeitamento a calquera tipo de declaración que dane a imaxe do sistema público de ensino.
o seu profundo desgusto ante as recentes declaracións do Partido Popular do Grove nas que se nos acusa de politizar aos nosos estudantes. Coa vontade de desmentir publicamente a información do escrito enviado aos medios de comunicación o pasado 17 de maio polo partido político citado e tras escoitar a todos os membros da comunidade educativa quixeramos facer constar que: no recreo do venres 11 de maio, un día despois da folga e que a ela acudiron libremente os catro delegados dos grupos de 3º e 4º de ESO. Cónstanos ademais que non se lles repartiu ningún tipo de "folletos políticos".

Intercambio Lingüístico

Xa nos chegaron as cartas dos nosos compañeiro/as de Bos Aires. E tamén este vídeo de presentación. Grazas, colegas!

Os nomes do mar

Onte, 16 de maio, nós, o alumnado de 2º de ESO navegamos a bordo do Fly Delfín acompañado de Xosé Lois Pedreira. Explicounos algúns dos talasónimos da nosa costa meca e coñecemos, in situ, todos eses nomes cos que estamos traballado na aula e pescudando sobre eles: Con negro, Con roibo...








As Telleiras e as Barreiras

O alumnado de 1º e de 3º da ESO asistiu á charla sobre un oficio antigo na zona do Salnés: as Telleiras.




Valentín Paz Andrade - por Antón Mascato



O alumnado de 4º de ESO aprendeu a repercusión que tivo Valentín Paz Andrade na súa zona e no país en xeral.

Semana Cultural - Gogue

O alumnado de 1º de ESO aprendeu e gozou con Floreano e, por suposto, co seu creador Gogue, ao cal lle agradacemos moito a súa visita e a dedicatoria da viñeta de hoxe, 9 de maio de 2012, no Faro de Vigo.



Semana Cultural

A nosa Señora da Lanzada - Rafa Quintía

V SEmana Cultural

V Semana Cultural, do 7 ao 10 de maio, no IES As Bizocas