Curta contra a violencia machista.

O Equipo de Dinamización xunto co alumnado de 4º ESO, profesorado e persoal non docente do IES As Bizocas vimos de crear a curtametraxe que vos presentamos a continuación para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Esperamos que vos guste. 


25 DE NOVEMBRO. XORNADA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.


    O EDNL do IES As Bizocas convoca un concurso contra a violencia machista.


BASES:

1. Poderá participar todo o alumnado do centro.

2. Os traballos consistirán na elaboración dun texto ( poesía, narración, teatro...) cuxo tema sexa a violencia contra as mulleres.

3. A lingua empregada será o galego.

4. A extensión máxima dos traballos será de dous folios.

5. Tamén se poderán elaborar carteis co mesmo tema cuxo lema será expresado en lingua galega.

6. O prazo máximo de entrega será o segundo venres do mes de decembro.

7. Os traballos entregaranse nun sobre pechado baixo pseudónimo no que se inclúa outro sobre cos datos e curso do autor/ a.

8. Estableceranse dous premios por etapa ( un para 1º e 2º e outro para 3º e 4º),  un para traballos escritos e outro para ilustracións e imaxes.

9. Os / as gañadores/as daranse a coñecer durante o festival de Nadal.

10. Podedes empregar como inspiración os textos e imaxes espalladas polo Instituto e colgadas nos blogs do EDNL e da biblioteca.


Aquí volos deixamos...