Comezamos o curso 20/21 celebrando o Día europeo das linguas.

 PLURILINGÜISMO, MULTILINGÜISMO E ECOLINGÜISMO: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS.


Mapa coas familias lingüísticas mundiais. No mundo existen por volta de 6000 linguas, por encanto os estados existentes son moitos menos, polo que o habitual son territorios multilingües e o anómalo é o monolingüismo. A diversidade lingüística é parte do acervo e do patrimonio inmaterial de toda a Humanidade, por iso, desde o ecolingüismo se promove a súa posta en valor mais a defensa e preservación de todas as linguas do mundo.


Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vénse celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano. O Consello tamén aprobou a Carta das Linguas Minorizadas, en 5 de novembro de 1992, para a defensa e promoción de todas as linguas de Europa.

Por este motivo e para pór de relevo a importancia do multilingüismo e da diversidade desde a EDNL e o departamento de Lingua e Literatura Galegas promovemos unha exposición sobre as linguas do mundo realizada polo alumnado de 1º de ESO. Aquí tendes algunhas imaxes da mesma:














Sabias que...


1.- Existen entre 6000 e 7000 linguas no mundo – faladas por 7 mil millóns de persoas distribuídas en 189 estados independentes. Entón, a norma xeral no mundo e o plurilingüismo sendo o monolingüísmo algo anómalo e excepcional.


2.- A diversidade cultural da humanidade está en perigo: o 60% das linguas ten menos de 10.000 falantes e o 25% menos de mil. E mais, o 50% das linguas perde falantes na actualidade e mais de 90% das linguas terá dificultades para sobrevivir no século XXI, isto significa o maior proceso de extinción acelerada da Historia. Isto fai o ecolingüismo mais necesario ca nunca.

3.- Hai 225 linguas autóctonas en Europa – aproximadamente un 3% do total mundial.

4.- A maior parte das linguas do mundo fálanse en Asia e en África. O 50% das linguas do mundo falase en oito Estados: Papua de Nova Guinea, Indonesia, Nixeria, India, Mexico, CamerúnAustralia e China.

5.- Polo menos a metade da poboación mundial é bilingüe ou plurilingüe, é dicir, fala dúas ou máis linguas.

6.- Os europeos atópanse con cada vez máis linguas estranxeiras na súa vida diaria. Existe a crecente necesidade de xerar interese polas linguas entre a cidadanía europea.

7.- Moitas linguas contan con máis de 50.000 palabras, mais normalmente os falantes coñecen e utilizan só unha porción do vocabulario total: en conversa diaria utilizamos sempre as mesmas cen palabras.

8.- As linguas están en contacto constante e inflúen unhas nas outras de diversas maneiras. O inglés, por exemplo, adoptou palabras de moitas outras linguas e todas as linguas europeas na actualidade empregan palabras procedentes do inglés.

9.- Non existen linguas fáciles ou difíciles. Durante o seu primeiro ano de vida, os bebes empezan a producir unha serie de sons vocálicos; cando cumpren o seu primeiro ano xa se poden distinguir as primeiras palabras, ao redor dos tres anos comezan a formar frases complexas; e aos cinco unha crianza conta xa con milleiros de palabras no seu vocabulario.

10.- Normalmente, a lingua inicial é a que mellor coñecemos e máis utilizamos. Con todo, poden existir “perfectos bilingües”, capaces de falar dúas linguas co mesmo nivel de competencia. O máis frecuente, poren, é que as persoas bilingües non mostren un equilibrio perfecto entre as súas dúas linguas.

11.- O bilingüismo trae consigo moitos beneficios: facilita o proceso de aprendizaxe dunha lingua adicional, axiliza os procesos mentais e permite o contacto con persoas doutras culturas.

12.- O bilingüismo e o plurilingüismo tamén comportan beneficios económicos: atopar emprego resulta máis doado para aquelas persoas que falan varias linguas e as empresas multilingües teñen maior vantaxe competitiva con respecto ás monolingües no mercado.

13.- As linguas relacionanse como os membros dunha familia. A maior parte das linguas europeas pertence á gran familia de linguas indoeuropeas, agás a familia fino-húngara (o fines, o lapón, o estonio, o carelio e o húngaro), o éuscaro e o turco.

14.- A maioría das linguas en Europa forma parte de catro amplos grupos: as linguas xermánicasas linguas romances, linguas celtas e linguas eslavas.

15.- A familia de linguas xermánicas esta formada polo danés, o noruegués, o sueco, o islandés, o alemán, o neerlandés, o frisón, o inglés, feroés e o yiddish, entre outras.

16.- As linguas romances inclúen o italiano, o occitano, o romanche, o franco-provenzal, o francés, o aragonés, o español, o galego, o portugués, o catalán, o asturiano e o romanés, entre outros.

17.- As linguas eslavas inclúen o ruso, o ucraíno, o bielorruso, o polaco, o checo, o eslovaco, o esloveno, o serbio-croata, o macedonio, o búlgaro e outros.

18.- A maior parte das linguas europeas fan uso do alfabeto latino. O alfabeto cirílico utilizase en moitas linguas eslavas. O grego, o armenio, o xeorxiano e o yiddish contan cun alfabeto propio.

19.- A maioría dos países en Europa alberga varias linguas minoritarias – algunhas das cales obtiveron status de lingua oficial, mais case todas minorizadas e ameazadas.

20.- As linguas non-europeas máis usadas no territorio europeo son o árabe, o chinés e o hindi, cada unha cun sistema de escritura propio.

21.- En Rusia (148 millons de habitantes) fálase o maior número de linguas de toda Europa: de 130 a 200, dependendo do criterio.

22.- Debido ás migracións e aos refuxiados, Europa é cada vez mais multilingüe. Só en Londres, fálanse máis de 300 linguas (árabe, turco, kurdo, bérber, hindi, punjabi etc).


Lembra que as linguas suman. Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio que compre protexer e do que sentir fachenda, xa que as linguas suman: cantas mais saibamos, mellor. Cada lingua está ligada a unha cultura propia e a unha perspectiva de ver e entender o mundo. Non peches as xanelas nunca a diversidade!