Dialectoloxía

Presentación

[slideshare id=10046591&doc=presentacindialectoloxa-111106071604-phpapp02]

A tecnolingua: aprender coa tecnoloxía



Educar e ensinar na actualidade xa non só depende do caderno, do lapis e do libro de texto senón que, pouco a pouco, están a ser desprazados polas chamadas Tics.
Aquí é onde o papel do docente acada unha importante tarefa. Seguro que a algún de nós, o noso alumnado, nos preguntou algunha vez se tiñamos Facebook, Tuenti e/ou demais redes sociais. Eis a realidade do nosa sociedade.
O papel do docente foi o de mediador entre os novos contidos e os que xa coñece o alumnado. Mais agora o profesor debe ter presente que posúe un novo aliado: a tecnoloxía. Se se pretende motivar e mesmo que a materia sexa atraínte debemos levar as Tics á nosa aula.
Isto acentúase se falamos da lingua galega, se queremos desbotar os prexuízos presentes nos máis novos, é moi chamativo que os docentes de lingua incluamos esta ferramenta para presentarlles o galego como unha lingua actual, presente na súa vida cibernética e así motivalos ou, cando menos, facelos reflexionar sobre a lingua e a súa situación social.
Así pois, hoxe por hoxe, non debemos separar a lingua, a normalización e a tecnoloxía se queremos acadar certos obxectivos co alumnado.


Fontes consultadas: