III CONCURSO INTERDISCIPLINAR

Comeza nas Bizocas o CONCURSO INTERDISCIPLINAR!

Dende Febreiro ata maio participade por equipos buscando as respostas das preguntas que vos plantexamos!


Bases do concurso:

- Participarán equipos formados por entre 3 e 4 alumnos/as.
- Non é necesario que os integrantes de cada equipo estean no mesmo curso.
- Haberá dúas quendas de preguntas ao longo do curso, relacionadas con distintas materias, que aparecerán no blogue e no taboleiro de dinamización do instituto
- Cada equipo deberá entregar por escrito as respostas a esas preguntas.
- O equipo que máis acertos teña ao longo destes meses será o gañador!!


ANÍMATE A PARTICIPAR!
HABERÁ IMPORTANTES PREMIOS!!




1ª Quenda de preguntas: 

1.- Pon tres exemplos de apelidos da comarca do Salnés que fagan referencia a animais ou prantas.
2.- De onde procede a expresión “máis chulo que un oito”?
3.- Segundo a tradición, que se fai ao pasar baixo o “gui”?
4.- Instrumento de corda frotada tradicional de Galicia, cuxo instrumento antecesor aparece tallado en pedra na Catedral de Santiago, no Pórtico da Gloria.
5.- Un dos grandes poemas épicos gregos, atribuído ao escritor cuxo nome coincide co do protagonista da serie americana “Os Simpson”, ten como personaxe principal a un home cuxa esposa dá tamén nome a un poema en galego. Como se titula a obra na que se inclúe o debandito poema galego, e qué autor/a pertence?
6.-  O  botafumeiro da catedral de Santiago, cando se desprendeu por primeira vez e en presencia de que personaxe?
7.- Como se chama a bandeira do Reino Unido?
8.- Cal é o punto cero que considerou Domingo Fontán para facer a primeira cartografía de Galicia?
9.-En que localidade Galega da provincia de Pontevedra celebrouse una batalla contra os franceses entre o 7 e o 9 mde xuño de 1809?
10.- Qué é un aeroxenerador?

Ollo piollo!!: as respostas desta primeira quenda deberán entregarse antes do 27 de marzo



San Valentín, Amor en Galego


Outro ano máis o noso cupido chegou ao IES As Bizocas, repartindo cartas de amor para tódolas alumnas e alumnos, e tamén para os profes!!



Os que escribiron na nosa língua de amor levaron premio de todo corazón



ATE O PRÓXIMO ANO CUPIDO!!          



ENTROIDO 2015: PREMIO AO MELLOR CARTEL


No IES As Bizocas celebramos o Entroido comezando cun concurso de carteis entre o noso alumnado.

Aquí tendes os mellores, e queredes saber quen gañou?





FELIZ ENTROIDO!!!