Parabéns ás dúas alumnas de 1º ESO que recibiron un pequeno agasallo solidario (UnjugueteUnailusión) e un detalle da biblioteca polos seus orixinais desexos.
Desexos de galeg@s en galego.
O EDL e a biblioteca invítanvos a decorar a nosa árbore de Nadal cos vosos mellores desexos en galego.
Só tedes que escribir o voso desexo nos adornos que hai xa preparados na biblioteca.
A mensaxe máis emotiva e a máis creativa recibirán un pequeno agasallo. Así que lembrade poñer o voso nome e curso.
Grazas ao alumnado de 2ºB
pola montaxe da árbore, preparación dos adornos
e deseño do cartel! Bo traballo!
Programa Son de Linguas Novembro
Aquí tendes o programa de radio "Son de Linguas" do mes de novembro, elaborado pola clase de 4ºB.
Radio Son de Linguas. Outubro.
No mes de outubro o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizar o programa de radio escolar Son de Linguas. Falarán sobre o Día Mundial da Pobreza, a Casa da Terceira Idade da vila e a Festa do Marisco.
Algúns participantes do Club de Lectura Mareira tamén interveñen nunha sección especial comentando as actividades que están levando a cabo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)