Achégase unha data importante para toda a sociedade que, se ben o pensamos, non debería nin existir; mais non podemos escapar a unha realidade triste e negra que cada semana nos recorda que debemos loitar contra a violencia de xénero todos os días do ano. Como non esquecemos que unha sociedade igualitaria, que procure a liberdade, a integridade e a dignidade das mulleres é o fin cara ao que debemos camiñar, propómosvos que vexades o seguinte vídeo. Nel atoparedes unha mensaxe esperanzadora que é o que precisamos nos tempos que corren. É un vídeoclip do grupo MBCP (máis boas cás patacas) que gañou o primeiro premio na categoría xuvenil do II Certame de música infantil e xuvenil "Quero cantar" da Deputación d'a Coruña.
XA TEMOS AS PERSOAS GAÑADORAS
Rematou
o prazo para a presentación dos vosos acrósticos e temos xa
gañadora e gañador. As composicións, feitas a partir da palabra SAMAÍN,
depositástelas nunha urna que había na Biblio e un xurado, composto
por profesores e profesoras do EDL e da Biblioteca, así como
alumnado do Club de Lectura e do propio EDL, decidiron cales eran as
que máis lles gustaban.
O
xurado pois emitiu o seu fallo:
-De
1º e 2º, a composición gañadora é a escrita baixo o pseudónimo
de SANITALE e que corresponde a Alejandro Beltrán Reza de 1º A.
Sobre
a Maior das
Árbores
dO bosque dos
Mortos
Resucitou a
Ánima
da Teresa, era a
Irmá
de Xesús pero agora
Non
importa ¡ela volveu a vida!
-De
3º e 4º, o texto que gañou aparece baixo o pseudónimo de SHADOU e
corresponde a Laura Cousido Núñez de 4º B.
Saímos
a festexar
Antigos
costumes
Memorando
vidas pasadas
Apresando
lembranzas
Incesante
corazón celta
Nos
tempos perduraremos.
Parabéns
aos dous.
Non
esquezades participar agora no II concurso de microrrelatos en contra
da violencia de xénero, organizado pola biblioteca. Clicade aquí e
iredes directamente ás bases.
REFRÁNS OUTONAIS
Aínda
que o tempo non nos ensine de momento a cara máis común do outono,
o certo é que estamos no intre do San Martiño e dos magostos. O
alumnado de 3º ESO decidiu, despois de analizar un chisco a
literatura popular, comprobar canto de transmisión interxeracional
sabían os seus maiores e fóronlle preguntar por refráns
relacionados con esta época do ano. Botádelle un ollo e opinade!
REFRÁNS
-
Polo San Martiño, trompos ao camiño.(Avó de Alejandra Rey e pai de Eloy Fraga, 65 e 51 anos respectivamente).
-
En setembro, arden os montes e secan as fontes.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos).
-
Polo San Martiño, mata o probe o seu porquiño.
(Tía
de Alejandra Rey, 40 anos).
-
Moita flor na primavera, bo outono non se espera.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos).
-
Por San Simón, ponlle ao viño o baldón.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos e avoa de Alberto, 65 anos)
-
Calor en xuño, castaña seguro.
-
Relampos en Xan Xoán, as castañas o pagarán.
(Avoa
de Paula, 67 anos).
-
San Andrés, colle o porco polos pés, e se fai “coe, coe”, tempo é.
(Informante
de Silvia, 95 anos).
-
Por San Simón, aperta o baldón.
(Pai
de Silvia, 59 anos).
-
De San Martiño en diante, nin para o crego, nin para o estudante
(Pai
de Silvia, 59 anos).
-
Se queres ter bos alliños, ponos no San Martiño.
(Nai
de Silvia, 45 anos).
-
Por San Amaro, trompos ao tellado.
(Nai
de Silvia, 45 anos).
-
Por San Martiño, matamos o porco e bebemos o viño.
(Silvia,
14 anos).
-
Por San Antón, aperta o teu baldón.
(Avoa
de Martín, 66 anos).
-
As castañas do Nadal, saben ben e pártense mal.
(Avó
de Lisa, 72 anos).
-
Polo San Miguel, sabe o touciño a mel.
(Tío
de Lisa, 42 anos).
-
Auga de agosto, nin bo viño nin magosto.
(Avoa
de Patricia, 60 anos e avó de Ángel, 80 anos).
-
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
(Nai
de Selma, 50 anos).
-
En magosto, castañas, viño e mosto.
(Avó
de Lucas, 70 anos).
-
Polo Samaín, castañas asadas sen fin.
(Avoa
de Lucas, 70 anos).
-
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
(Nai
de Juan, 50 anos e avoa de Martín, 66 anos)
-
Polo Samaín, as meigas veñen a min a asustarme sen fin.
-
En Samaín comín castañas ao magosto que non se comen en agosto.
(Nai
de Roi, 46 anos).
-
Quen moito ameaza, o medo ten na casa.
(Nai
de Roi, 46 anos e pai de Eloy, 46 anos).
-
Flores no outono, fame no ano novo.
(Avoa
de Laura, 64 anos).
-
Outono quente, leva o demo no ventre.
(Nai
de María, 46 anos e pai de Anxo, 48 anos).
-
Polo magosto e San Martiño castañas, pan e viño.
(Avoa
de Beatriz, 64 anos).
Subscrever:
Mensagens (Atom)