Evitamos prexuízos. Saída a Compostela do alumnado de 4º de ESO.
O 23 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO desenvolveu a actividade "Evitamos prexuízos", organizada pola EDNL e relacionada co
Plan de Igualdade do IES As Bizocas. O día 21 fora a quenda de 3º de ESO.
A actividade consistiu nunha excursión a Compostela, onde pola mañá asistimos ao filme Todas as mulleres que eu coñezo e á obra de teatro Vida de cans da compañía Talía Teatro. Para alén disto, visitamos os espazos da
cidade e, xa pola tarde, foi a quenda de acudirmos á exposición Galicia un relato no mundo no monte Gaiás.
Deixámosvos un resumo fotográfico da xornada:
Reconstrución dun frisio dun templo da Península de Anatolia onde se recolle unha das primeiras mencións á Gallaecia (en grego). |
"A Santa", escultura do cambadés Francisco Asorey, membro das Irmandades da Fala. A escultura xerou impacto e polémica no seu momento e representa a muller traballadora rural. |
Evitamos prexuízos. Saída a Compostela do alumnado de 3º de ESO.
No día de hoxe, 21 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO desenvolveu a actividade "Evitamos prexuízos", organizada pola EDNL e relacionada co Plan de Igualdade do IES As Bizocas. A quinta feira será a quenda de 4º de ESO.
A actividade consistiu nunha excursión a Compostela, onde pola mañá asistimos ao filme Todas as mulleres que eu coñezo e á obra de teatro Bicos con lingua da compañía Talía Teatro. Para alén disto, visitamos os espazos da cidade e, xa pola tarde, foi a quenda de acudirmos á exposición Galicia un relato no mundo no monte Gaiás.
Deixámosvos un resumo fotográfico da xornada:
Subscrever:
Mensagens (Atom)