Desexos de galeg@s en galego.



Chega o Nadal ás Bizocas!

O EDL e a biblioteca invítanvos a decorar a nosa árbore de Nadal cos vosos mellores desexos en galego. 
Só tedes que escribir o voso desexo nos adornos que hai xa preparados na biblioteca. 







A mensaxe máis emotiva e a máis creativa recibirán un pequeno agasalloAsí que lembrade poñer o voso nome e curso.  




Grazas ao alumnado de 2ºB 
pola montaxe da árbore, preparación dos adornos 
e deseño do cartel! Bo traballo! 

Programa Son de Linguas Novembro

Aquí tendes o programa de radio "Son de Linguas" do mes de novembro, elaborado pola clase de 4ºB.
 

Radio Son de Linguas. Outubro.

No mes de outubro o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizar o programa de radio escolar Son de Linguas. Falarán sobre o Día Mundial da Pobreza, a Casa da Terceira Idade da vila e a Festa do Marisco.

Algúns participantes do Club de Lectura Mareira tamén interveñen nunha sección especial comentando as actividades que están levando a cabo. 

Concurso Samaín


Aquí temos os catro relatos premiados no concurso de lendas de Samaín. 

II CONCURSO DE LENDAS TERRORÍFICAS



Bases:

- Escribe unha lenda de medo, inventada ou popular pero redactada por tí
 
- Ten que estar en galego

- Máximo dúas caras 

- Entrega a túa lenda antes do 29 de Outubro

- Tes que incluír o teu nome, apelidos e curso 

- O equipo do EDNL escollerá unha lenda gañadora por nivel

- Os premios entregaranse o 30 de Outubro na festa do Samaín e Magosto





Haberá importantes premios!!
Anímate a participar!!
















Semana Cultural: Obradoiros impartidos en galego por varios departamentos





Obradoiro de Radio. Semana Cultural



Presentamos os programas de radio gravados durante os obradoiros da semana cultural.




(Se non o podedes ver ou escoitar, aquí tedes o enlace aos arquivos en soundcloud)

Programa Piloto Son de Linguas

Xa podedes escoitar o programa piloto do proxecto de radio escolar Son de Linguas 
para o vindeiro curso 2014/2015. 
Animádevos a participar!!  

Proxecto Entre Illas

Aquí está o vídeo de presentación do instituto da Illa de Arousa para o alumnado do Grove!!
Xa está en marcha o proxecto "ENTRE ILLAS"
Así celebramos San Valentín no 
IES Plurilingüe As Bizocas