San Valentín, Amor en Galego


Outro ano máis o noso cupido chegou ao IES As Bizocas, repartindo cartas de amor para tódolas alumnas e alumnos, e tamén para os profes!!



Os que escribiron na nosa língua de amor levaron premio de todo corazón



ATE O PRÓXIMO ANO CUPIDO!!          



ENTROIDO 2015: PREMIO AO MELLOR CARTEL


No IES As Bizocas celebramos o Entroido comezando cun concurso de carteis entre o noso alumnado.

Aquí tendes os mellores, e queredes saber quen gañou?





FELIZ ENTROIDO!!!

IV Concurso de Relato Curto

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, convoca unha vez máis o Concurso de Relato Curto

Todo o alumnado de 3º e 4º ESO podedes participar!

O relato gañador, ademais de recibir cheques regalo por valor de 100 euros e un lote de librostamén será publicado no número de Abril da Revista Sustansia.

Clica na imaxe para acceder ás bases, e non dubides en preguntar na biblioteca ou aos profes de galego se precisas axuda!
Non esperes máis...o prazo remata o 27 de febreiro!



Desexos premiados

Grazas a tod@s polos vosos desexos para este Nadal. Esperamos que se vos cumpran!

Parabéns ás dúas alumnas de 1º ESO que recibiron un pequeno agasallo solidario (UnjugueteUnailusión) e un detalle da biblioteca polos seus orixinais desexos.


Desexos de galeg@s en galego.



Chega o Nadal ás Bizocas!

O EDL e a biblioteca invítanvos a decorar a nosa árbore de Nadal cos vosos mellores desexos en galego. 
Só tedes que escribir o voso desexo nos adornos que hai xa preparados na biblioteca. 







A mensaxe máis emotiva e a máis creativa recibirán un pequeno agasalloAsí que lembrade poñer o voso nome e curso.  




Grazas ao alumnado de 2ºB 
pola montaxe da árbore, preparación dos adornos 
e deseño do cartel! Bo traballo! 

Programa Son de Linguas Novembro

Aquí tendes o programa de radio "Son de Linguas" do mes de novembro, elaborado pola clase de 4ºB.
 

Radio Son de Linguas. Outubro.

No mes de outubro o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizar o programa de radio escolar Son de Linguas. Falarán sobre o Día Mundial da Pobreza, a Casa da Terceira Idade da vila e a Festa do Marisco.

Algúns participantes do Club de Lectura Mareira tamén interveñen nunha sección especial comentando as actividades que están levando a cabo. 

Concurso Samaín


Aquí temos os catro relatos premiados no concurso de lendas de Samaín. 

II CONCURSO DE LENDAS TERRORÍFICAS



Bases:

- Escribe unha lenda de medo, inventada ou popular pero redactada por tí
 
- Ten que estar en galego

- Máximo dúas caras 

- Entrega a túa lenda antes do 29 de Outubro

- Tes que incluír o teu nome, apelidos e curso 

- O equipo do EDNL escollerá unha lenda gañadora por nivel

- Os premios entregaranse o 30 de Outubro na festa do Samaín e Magosto





Haberá importantes premios!!
Anímate a participar!!
















Semana Cultural: Obradoiros impartidos en galego por varios departamentos