VI Certame de poesía Xosé A. Barral

VI Certame de poesía Xosé A. Barral
O IES As Bizocas convoca a sexta edición deste certame que aúna música e poesía. Os poemas gañadores serán musicados e interpretados pola Orquestra do IES As Bizocas no festival de fin de curso e no recital "Música nas túas palabras"
Podes ver as Bases no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesasbizocas/system/files/VI+Certame+de+Poes%C3%ADa+Xos%C3%A9+A.+Barral.pdf

Gañadoras do Concurso de Relatos



Beatriz Escribano, Carme Domínguez Prol e Marta Díaz Álvarez, gañadoras do I Concurso de Relato Curto.




Primeiro día de traballo, relato escrito por Beatriz Escribano, alumna de 4º de secundaria do IES As Bizocas, foi seleccionado polo xurado como gañador deste certame literario. Ademais, tamén foron distinguidos cun accésit Relato dun recordo, de Carme Domínguez Prol, e O galo iniciou o canto, de Marta Díaz Álvarez, tamén estudantes do IES As Bizocas.




124 aniversario de Otero Pedrayo

O EDNL do IES As Bizocas e o Departamento de Lingua galega conmemoraron onte, 7 de marzo, o aniversario de Ramón Otero Pedrayo por primeira vez tras o seu pasamento. Convidamos ao IES Monte da Vila e viaxamos ata Trasalba, á Casa Grade de Cimadevila. Coñecimos a casa do escritor, participamos no roteiro didáctico Trasalba, terra literaria e sopramos as candeas da torta do 124 aniversario de Don Ramón. Agasalláronnos cun caderno de actividades: Na Casa Grande de Don Ramón, e fomos buscando as respostas por Trasalba.
Deste xeito, a Fundación Rámón Otero Pedrayo deu comezo a un programa que se oferta a todos os centros de ensino, o cal permitirá dar a coñecer a figura de Don Ramón, a través dun lugar moi querido para el.