124 aniversario de Otero Pedrayo

O EDNL do IES As Bizocas e o Departamento de Lingua galega conmemoraron onte, 7 de marzo, o aniversario de Ramón Otero Pedrayo por primeira vez tras o seu pasamento. Convidamos ao IES Monte da Vila e viaxamos ata Trasalba, á Casa Grade de Cimadevila. Coñecimos a casa do escritor, participamos no roteiro didáctico Trasalba, terra literaria e sopramos as candeas da torta do 124 aniversario de Don Ramón. Agasalláronnos cun caderno de actividades: Na Casa Grande de Don Ramón, e fomos buscando as respostas por Trasalba.
Deste xeito, a Fundación Rámón Otero Pedrayo deu comezo a un programa que se oferta a todos os centros de ensino, o cal permitirá dar a coñecer a figura de Don Ramón, a través dun lugar moi querido para el.











Sem comentários: