Parabéns ás dúas alumnas de 1º ESO que recibiron un pequeno agasallo solidario (UnjugueteUnailusión) e un detalle da biblioteca polos seus orixinais desexos.
Desexos de galeg@s en galego.
O EDL e a biblioteca invítanvos a decorar a nosa árbore de Nadal cos vosos mellores desexos en galego.
Só tedes que escribir o voso desexo nos adornos que hai xa preparados na biblioteca.
A mensaxe máis emotiva e a máis creativa recibirán un pequeno agasallo. Así que lembrade poñer o voso nome e curso.
Grazas ao alumnado de 2ºB
pola montaxe da árbore, preparación dos adornos
e deseño do cartel! Bo traballo!
Programa Son de Linguas Novembro
Aquí tendes o programa de radio "Son de Linguas" do mes de novembro, elaborado pola clase de 4ºB.
Radio Son de Linguas. Outubro.
No mes de outubro o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizar o programa de radio escolar Son de Linguas. Falarán sobre o Día Mundial da Pobreza, a Casa da Terceira Idade da vila e a Festa do Marisco.
Algúns participantes do Club de Lectura Mareira tamén interveñen nunha sección especial comentando as actividades que están levando a cabo.
II CONCURSO DE LENDAS TERRORÍFICAS
Bases:
- Escribe unha lenda de medo, inventada ou popular pero redactada por tí
- Ten que estar en galego
- Máximo dúas caras
- Entrega a túa lenda antes do 29 de Outubro
- Tes que incluír o teu nome, apelidos e curso
- O equipo do EDNL escollerá unha lenda gañadora por nivel
- Os premios entregaranse o 30 de Outubro na festa do Samaín e Magosto
- Os premios entregaranse o 30 de Outubro na festa do Samaín e Magosto
Haberá importantes premios!!
Anímate a participar!!
Obradoiro de Radio. Semana Cultural
Presentamos os programas de radio gravados durante os obradoiros da semana cultural.
(Se non o podedes ver ou escoitar, aquí tedes o enlace aos arquivos en soundcloud)
Programa Piloto Son de Linguas
Xa podedes escoitar o programa piloto do proxecto de radio escolar Son de Linguas
para o vindeiro curso 2014/2015.
Animádevos a participar!!
Proxecto Entre Illas
Aquí está o vídeo de presentación do instituto da Illa de Arousa para o alumnado do Grove!!
Xa está en marcha o proxecto "ENTRE ILLAS"
Xa está en marcha o proxecto "ENTRE ILLAS"
PROXECTO "ENTRE ILLAS"
Xa temos listo o noso vídeo de presentación do alumnado de 2º de ESO para darse a coñecer cos rapaces e rapazas do IES da Illa de Arousa. Por fin comeza o noso proxecto de intercambio "ENTRE ILLAS".
Con todo o noso cariño dende o IES Plurinlingüe As Bizocas para o IES Illa de Arousa!
Música utilizada no vídeo:
- BSO Amelie de Yan Tiersen.
- Creedence Clearwater Revival. The Fortunate son.
- Frankie Lymon. Goody, Goody.
- BSO Amelie de Yan Tiersen.
- Creedence Clearwater Revival. The Fortunate son.
- Frankie Lymon. Goody, Goody.
Gústanos como falamos!
No IES Plurilingüe As Bizocas estivemos levando a cabo unha iniciativa co alumnado de 4º de ESO, o EDLG e a Biblioteca, para escoller a palabra que máis nos gusta do galego da nosa vila.
As caixas para votar repartíronse por toda a vila e polo instituto durante os meses de novembro e decembro.
Queres saber cal foi a palabra gañadora?
Pois preme aquí!
CONCURSO INTERDISCIPLINAR
Comeza nas Bizocas o CONCURSO INTERDISCIPLINAR!
Dende xaneiro ata maio participade por equipos buscando as respostas das preguntas que vos plantexamos!
Bases do concurso:
- Participarán equipos formados por entre 3 e 4 alumnos/as.
- Non é necesario que os integrantes de cada equipo estean no mesmo curso.
- Cada mes aparecerán no blogue de dinamización 11 preguntas relacionadas con distintas materias.
- Cada equipo deberá entregar por escrito as respostas a esas preguntas.
- O equipo que máis acertos teña ao longo destes meses será o gañador!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!
HABERÁ IMPORTANTES PREMIOS!!
PREGUNTAS DO MES DE XANEIRO:
1.- Indica o nome científico e o común da planta
acuática máis importante do Complexo Intermareal Umia- O Grove.
2.- ¿Realmente morreu Shakespeare o 23 de abril?
3.- Nas lendas da Bretaña francesa cóntase que un personaxe, vestido de
negro cunha gadaña, vai recollendo as almas dos mortos. Como se chama?
4 .Qué
Papa non existeu e por qué?
5. ¿Que pobo levou a América do Norte a
tradición celta do Samaín?
6.- Cal era o título en galego da obra que o astrónomo
galego Ramón Mª Aller quixo publicar no ano 1936 e que co gallo da guerra civil
española e a ditadura tería que ser publicado no ano 1948 en castelán?
7.- Que dúas personaxes gobernaron despois da
Dictadura de Miguel Primo de Rivera?
8.- Explica o funcionamento dunha central
hidroeléctrica.
9.- Un dos grandes poemas épicos gregos,
atribuído ao escritor cuxo nome coincide co do protagonista da serie americana
“Os Simpson”, ten como personaxe principal a un home cuxa esposa dá tamén nome
a un poema en galego. Como se titula a obra na que se inclúe o debandito poema
galego, e qué autor/a pertence?
10.- Instrumento de corda frotada tradicional
de Galicia, cuxo instrumento antecesor aparece tallado en pedra na Catedral de
Santiago, no Pórtico da Gloria.
¿En que ano naceu o autor desta obra e quen é?
Subscrever:
Mensagens (Atom)