CONCURSO INTERDISCIPLINAR
Comeza nas Bizocas o CONCURSO INTERDISCIPLINAR!
Dende xaneiro ata maio participade por equipos buscando as respostas das preguntas que vos plantexamos!
Bases do concurso:
- Participarán equipos formados por entre 3 e 4 alumnos/as.
- Non é necesario que os integrantes de cada equipo estean no mesmo curso.
- Cada mes aparecerán no blogue de dinamización 11 preguntas relacionadas con distintas materias.
- Cada equipo deberá entregar por escrito as respostas a esas preguntas.
- O equipo que máis acertos teña ao longo destes meses será o gañador!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!
HABERÁ IMPORTANTES PREMIOS!!
PREGUNTAS DO MES DE XANEIRO:
1.- Indica o nome científico e o común da planta
acuática máis importante do Complexo Intermareal Umia- O Grove.
2.- ¿Realmente morreu Shakespeare o 23 de abril?
3.- Nas lendas da Bretaña francesa cóntase que un personaxe, vestido de
negro cunha gadaña, vai recollendo as almas dos mortos. Como se chama?
4 .Qué
Papa non existeu e por qué?
5. ¿Que pobo levou a América do Norte a
tradición celta do Samaín?
6.- Cal era o título en galego da obra que o astrónomo
galego Ramón Mª Aller quixo publicar no ano 1936 e que co gallo da guerra civil
española e a ditadura tería que ser publicado no ano 1948 en castelán?
7.- Que dúas personaxes gobernaron despois da
Dictadura de Miguel Primo de Rivera?
8.- Explica o funcionamento dunha central
hidroeléctrica.
9.- Un dos grandes poemas épicos gregos,
atribuído ao escritor cuxo nome coincide co do protagonista da serie americana
“Os Simpson”, ten como personaxe principal a un home cuxa esposa dá tamén nome
a un poema en galego. Como se titula a obra na que se inclúe o debandito poema
galego, e qué autor/a pertence?
10.- Instrumento de corda frotada tradicional
de Galicia, cuxo instrumento antecesor aparece tallado en pedra na Catedral de
Santiago, no Pórtico da Gloria.
¿En que ano naceu o autor desta obra e quen é?
Sem comentários:
Enviar um comentário