CONCURSO INTERDISCIPLINAR

Comeza nas Bizocas o CONCURSO INTERDISCIPLINAR!

Dende xaneiro ata maio participade por equipos buscando as respostas das preguntas que vos plantexamos!


Bases do concurso:

- Participarán equipos formados por entre 3 e 4 alumnos/as.
- Non é necesario que os integrantes de cada equipo estean no mesmo curso.
- Cada mes aparecerán no blogue de dinamización 11 preguntas relacionadas con distintas materias.
- Cada equipo deberá entregar por escrito as respostas a esas preguntas.
- O equipo que máis acertos teña ao longo destes meses será o gañador!!


ANÍMATE A PARTICIPAR!
HABERÁ IMPORTANTES PREMIOS!!


PREGUNTAS DO MES DE XANEIRO: 

1.- Indica o nome científico e o común da planta acuática máis importante do Complexo Intermareal Umia- O Grove.

2.- ¿Realmente morreu Shakespeare o 23 de abril?

3.- Nas lendas da Bretaña francesa cóntase que un personaxe, vestido de negro cunha gadaña, vai recollendo as almas dos mortos. Como se chama?

4 .Qué  Papa non existeu  e por qué?

5. ¿Que pobo levou a América do Norte a tradición celta do Samaín?

6.- Cal era o título en galego da obra que o astrónomo galego Ramón Mª Aller quixo publicar no ano 1936 e que co gallo da guerra civil española e a ditadura tería que ser publicado no ano 1948 en castelán?

7.- Que dúas personaxes gobernaron despois da Dictadura de Miguel Primo de Rivera?

8.- Explica o funcionamento dunha central hidroeléctrica.

9.- Un dos grandes poemas épicos gregos, atribuído ao escritor cuxo nome coincide co do protagonista da serie americana “Os Simpson”, ten como personaxe principal a un home cuxa esposa dá tamén nome a un poema en galego. Como se titula a obra na que se inclúe o debandito poema galego, e qué autor/a pertence?

10.- Instrumento de corda frotada tradicional de Galicia, cuxo instrumento antecesor aparece tallado en pedra na Catedral de Santiago, no Pórtico da Gloria.

11.-  O mesmo ano no que se descubriu o aluminio, un científico publicou  a obra “Mecánica celeste”.
¿En que ano naceu o autor desta obra e quen é?







BO NADAL dende o EDLG de As Bizocas!!
e para celebrar este Nadal, aquí deixamos os nosos "desexos de galegos en galegos"