O Equipo de Dinamización xunto co alumnado de 4º ESO, profesorado e persoal non docente do IES As Bizocas vimos de crear a curtametraxe que vos presentamos a continuación para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Esperamos que vos guste.
25 DE NOVEMBRO. XORNADA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
O EDNL do IES As
Bizocas convoca un concurso contra a violencia machista.
BASES:
1. Poderá
participar todo o alumnado do centro.
2. Os traballos
consistirán na elaboración dun texto ( poesía, narración,
teatro...) cuxo tema sexa a violencia contra as mulleres.
3. A lingua
empregada será o galego.
4. A extensión
máxima dos traballos será de dous folios.
5. Tamén se poderán
elaborar carteis co mesmo tema cuxo lema será expresado en lingua
galega.
6. O prazo máximo
de entrega será o segundo venres do mes de decembro.
7. Os traballos
entregaranse nun sobre pechado baixo pseudónimo no que se inclúa
outro sobre cos datos e curso do autor/ a.
8. Estableceranse
dous premios por etapa ( un para 1º e 2º e outro para 3º e
4º), un para traballos escritos e outro para ilustracións e imaxes.
9. Os / as
gañadores/as daranse a coñecer durante o festival de Nadal.
Aquí volos deixamos...
CONCURSO INTERDISCIPLINAR
Respostas á segunda quenda:
1.- Lagoa Costeira (Lagoa de Bodeira)
2.-HEXAKOSIOHEXEKONTAHEXAFOBIA. Procede dunha cita do Apocalipse que
identifica o 666 co número do demo.
3.- Peugeot
4.- Manuel Quiroga
5.- Engarzada na coroa da imaxe da
virxen de Fátima, en Portugal.
6.- Tasmania
7.- XLVII
8.- Almanzor
9.- É unha
instalación que aproveita a enerxía solar para transformala na enerxía térmica
necesaria para obter o vapor que, como outras centrais, necesitan para producir
máis tarde enerxía eléctrica.
E A GAÑADORA DO CONCURSO
CON 18 ACERTOS DE 19 É...
CARLOTA DOMÍNGUEZ DE 4ºA!!!
PARABÉNS!!
III
Concurso Interdisciplinar
Respostas á primeira quenda:
1.- Mascato, Silvas, Figueira,
Salgueiro...
2.- En Madrid o tranvía número 8
circulaba pola periferia hasta o centro e os domingos pola tarde enchíase de chulos que se reunían nesa
zona.
3.- Bicarse.
4.- A zanfona.
5.- Mimbos. Xosé María Díaz Castro.
6.- No ano 1499 en presencia de
Catalina de Aragón.
7.- Union Jack/Union Flag.
8.- A Torre Berenguela na catedral de
Santiago
9.- Ponte Sampaio.
10.- É unha máquina
que produce enerxía eléctrica aproveitando a enerxía mecánica do vento.
2ª Quenda de preguntas
1.- Indica un exemplo de ecosistema presente no concello do Grove que é
bastante escaso en Galicia.
2.- Cómo se chama a fobia ao número
666 e de onde procede esta idea?
3.- Unha coñecida marca
francesa ten como logo a imaxe dun león. De qué empresa se trata?
4.- Cómo
se chama un coñecido violinista pontevedrés, que da nome ao conservatorio de
música desta cidade?
5.- Onde
se atopa a bala que fireu a Xoán Paulo II?
6.-
Cal é o estado de Australia máis parecido a Galicia
polo seu clima, paisaxe e forma de vida?
7.- Cal é
a diferenza, escrita en números romanos, entre o número da festa do marisco do
2014 e o número de rapaces que aparecen no seu cartel?
8.- Que caudillo
musulmán chegou ata Santiago de Compostela para saquear e roubou as campás da
catedral?
9.- Qué é unha central solar?
Ollo Piollo!!: As respostas desta segunda quenda deberán entregarse
antes do 8 de maio
Día da Muller
O pasado domingo 8 de marzo no Concello do Grove, o alumnado de 4ºA do IES As Bizocas fixeron unha pequena chamada de atención á situación da muller na sociedade e lembraron as achegas e loitas dalgunhas das figuras femininas máis destacadas, e a miúdo esquecidas, en diferentes ámbitos da historia.
Así comezaron...
"Hoxe o alumnado de 4ºA do IES As Bizocas, estamos aquí para
conmemorar o Día da Muller.
No ano 2014, 51 mulleres foron
asasinadas polas súas parellas ou exparellas. A media das condenas
por violencia de xénero é de 19 anos, 3 anos máis que no 2007, e 7
anos máis que calquera outro homicidio. Porén, esto segue sen
ser suficiente para protexer ás mulleres maltratadas. As vítimas
deste tipo de violencia non se atreven a denunciar, ben sexa por
medo, ou polo sentimento de inferioridade ou culpa ante a situación
á que están sometidas. Todo isto é debido aos pensamentos
machistas que aíndan perduran na sociedade, onde o home sente como
súa á muller, como se fora o seu obxecto, pola falsa idea de que o
amor é posesión.
Tamén hai desigualdades no ámbito laboral, onde moitas mulleres
cobran menos por facer o mesmo traballo que os homes, e tamén son
despedidas ou non chegan nin a ser contratadas nun posto de traballo
pola súa condición de nais.
E non esquezamos neste día, as noticias frecuentes que escoitamos
nos medios, onde todavía quedan moitos países no mundo nos que as
mulleres son lapidadas polo feito de ter sido violadas, castigándoas a elas no canto de condenar aos seus mancilladores.
Todas estas ideas retrógradas impiden a completa igualdade entre os
dous sexos. As mulleres debemos involucrarnos na defensa dos nosos
dereitos, pero necesitamos tamén o apoio dos homes nesta loita pola
igualdade de xénero. Todos somos persoas humanas, libres, polo que
debemos ser tratados por igual, independentemente do noso sexo.
Hoxe estamos aquí un ano máis para continuar coa labor que outras
mulleres comezaron séculos atrás e para honralas conquistando novos
dereitos que todavía hoxe quedan por acadar. Algunhas destas
mulleres destacadas na historia son:... "
Rosa Parks: Muller estadounidense que iniciou o movemento de desgregación entre
brancos e negros en Norteamérica. O feito que iniciou esta
revolución tivo lugar nun autobús onde había demasiados
pasaxeiros, e Rosa Parks estaba sentada. Catro persoas brancas lle
reclamaban que lles deixara o seu sitio pero ela negouse. A policía
detívoa por isto e estivo varios anos no cárcere. En consecuencia, outros liberais negros loitaron pola igualdade como Martin
Luther King ou Malcolm X. Pódese considerar a Rosa Parks como a
persoa que iniciou o movemento pola liberdade da xente de cor nos
Estados Unidos de América.
Marie
Curie: Maria Salomea Sklodowska Curie, coñecida como Marie
Curie, naceu en 1867 en Varsovia e morreu en 1934. Foi unha física,
matemática e química Polaca, nacionalizada francesa. Foi pioneira
no campo da radioactividade e entre outros méritos, foi a primeira
muller en recibir un premio Nobel. De feito, recibíu dous en dúas
especialidades distintas: física e química.
Tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de
París, cidade á que se trasladou dende Varsovia en 1891 con 24 anos
para continuar os seus estudos. Máis tarde, fundou o instituto
Curie en París e Varsovia. Estivo casada co físico Pierre Curie, co que tivo dúas fillas das
cales a maior foi tamén gañadora dun premio Nobel de Química.
Marie Curie morreu a causa dunha anemia aplásica, probablemente
debida ás radiacións ás que estivo exposta nos seus traballos, xa
que os efectos da radioactividade eran aínda descoñecidos neste
período.
Emily
Pankhurst: Naceu en Manchester en 1858 e morreu en Londres en 1928. Foi unha das
fundadoras do movemento sufraxista femenino británico. O seu nome
está asociado coa loita polo dereiro ao voto para as mulleres no
período anterior á I Guerra Mundial.
Indira Ghandi: Naceu
en Allahabad, India, en 1917 e morreu en Nova Delhi en 1984. Foi
política chegando a ser a quinta Primeiro Ministro da India.
Participou activamente na loita pola independencia deste país,
dirixida por Mahatma Gandhi. Liderou tamén a industrialización na
India e apoiou a independencia de Pakistán. Morreu asasinada polos
seus gardas, que formaban parte da minoría Sijs.
Benazir
Bhutto: Naceu en 1953 en Karachi, Pakistán, e morreu en 2007 en Ramalpindi.
Foi unha política pakistaní que dirixiu o Partido Popular de
Pakistán, o PPP, un partido político afiliado á Internacional
Socialista.
Foi a primeira vez que unha muller ocupou o cargo de Primeiro
Ministro dun país musulmán e dirixiu Pakistán en dúas ocasións
entre os anos 1988-1990 e 1993-1996. Bhutto autoexiliouse en Dubai en 1998 onde permaneceu ata o seu
regreso a Pakistán o 18 de outubro de 2007. Nese mesmo ano foi
asasinada despois dunha manifestación do PPP, dúas semanas antes da
data das eleccións onde lideraba á oposición. O seu fillo sucedeuna como líder do PPP.
Malala: É unha estudante, activista e bloguera pakistaní. Foi gañadora do
premio Nobel da paz no ano 2014, e a galardonada máis nova. É
coñecida polo activismo a favor dos dereitos civís. O 9 de outubro
de 2012 en Mingora foi vítima dun atentado por parte dun miliciano
do TTP, grupo terrorista Taliván. O 15 de outubro foi trasladada ao
hospital para seguir coa recuperación, despois de implantarlle unha
placa de titanio e un dispositivo auditivo. Malala regresou ás
clases na escola de Secundaria en Inglaterra.
Clara
Schumann: Naceu en Leipzig en 1819 e morreu en Frankfurt en 1896. Foi unha
destacada pianista e compositora alemana. Na súa época, era tan
virtuosa como o famoso pianista Franz Liszt, pero a súa fama foi
eclipsada ao casarse co compositor Robert Schumann, de quen tomou o
seu apelido.
Clara Schumann escribiu a súa propia música e editou obras do seu
esposo. Foi unha muller fora de serie en moitos aspectos. A maioría
das “nenas prodixio” da súa época deixaban de dar concertos
cando casaban, para dedicarse as labores do fogar. A diferenza destas mulleres, a carreira de Clara Schumann continuou nos máis
altos niveles profesionais ata poucos anos antes da súa morte.
Realizou arredor de 40 xiras de concertos por toda Europa e en todas
partes era recibida con altos honores.
Foi unha profesional tamén no sentido económico, cobrando
dignamente, igual que outros virtuosos da época, e sendo por moito
tempo o único soporte económico da súa familia.
Isadora
Duncan: Naceu en San Francisco en 1878 e morreu en Niza en 1927. Foi unha
artista e bailarina norteamericana, creadora da Danza Libre e Contemporánea. Filla dunha profesora de música, aos 10 anos xa daba clases
particulares de danza. Realizou xiras por Estados Unidos ata que se
estableceu en Nova Iorque. Posteriormente trasladouse a Europa residindo primeiro en Londres e
logo en París, onde obtivo un grande éxito.
Considerada a nai da danza moderna, foi unha muller moi independente
para o seu tempo, sendo nai solteira de dous fillos que por desgracia
morreron nun accidente. Isadora Duncan sempre vivíu para a súa
arte, non comprometéndose con ninguén máis, e estivo a altura
doutros grandes coreógrafos e bailaríns como Rudolf Laban.
Morreu no apoxeo da súa carreira como bailarina, afogada cun fular
que quedou prendido na roda do coche descapotable no que viaxaba. Os seus escritos sobre danza serviron de inspiración e base para o
mundo da danza contemporánea e as correntes levadas a cabo
posteriormente.
Dolores
Ibarruri. A Pasionaria: Naceu en Vizcaia en 1895 e morreu en Madrid en 1989 aos 93 anos.
Coñecida como A Pasionaria, foi unha dirixente comunista española. A súa familia era mineira, conservadora, e o seu marido militante
socialista. Adquiriu prestixio como oradora e articuladora política, aínda que
non se puido permitir acabar os estudos por ter que poñerse a
traballar como criada. Participou en 1917 na Folga Xeral e en 1919 quedou impresionada polo
triunfo da Revolución Bolchevique en Rusia. En 1922 foi elixida no
Congreso do Partido Comunista Español como representante e comezou a
escribir “La Bandera Roja”.
Juana
de Arco: Tamén coñecida como “Doncella de Orleans”. Naceu en Dormény en
1412 e morreu en Ruan en 1431. Foi unha heroína militar e santa
francesa. A súa festividade conmemora a data da súa morte, o 30 de
maio como tradición na igrexa católica. Con 17 anos encabezou o exército real francés e liderou a batalla
de Pataif e a “Guerra dos cen anos” que permitiu a coroación do
monarca Carlos VII. Despois destas batallas foi capturada polos borgoñeses e entregada
aos ingleses, que foron os seus inimigos nas batallas. Morreu
condenada á fogueira.
María
Pita: María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente
como María Pita, naceu en Sigrás en 1560 e faleceu no mesmo lugar
en 1643. Foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o
ataque inglés acontecido no ano 1589. Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de
vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos. No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse ata vinte de diferentes contidos:
débedas e apropiación de bens, quellas criminais por insultos e
agresións, etc.
Emilia
Pardo Bazán: Foi unha novelista, periodista, ensaista, crítica literaria, poeta,
dramaturga, traductora, editora e conferenciante galega. Introduciu
o naturalismo en España. Naceu en 1851 na Coruña e morreu en 1921
en Madrid.
Fundou e dirixiu a publicación “La Biblioteca de la Mujer”.
Asistiu a congresos como o congreso pedagóxico, onde denuncia a
desigualdade educativa entre homes e mulleres. Propuxo a Concepción
Arenal para a real Academia da Língua, pero foi rexeitada. Chegou a
ser a primeira muller en presidir a Sección de literatura do Ateneo
de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas na UCM. Foi activista polos dereitos das mulleres.
Rosalía de Castro: Naceu en Padrón en 1837. É unha das máis importantes escritoras en
lingua galega e unha das principais responsables da época de
Rexurdimento.
O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas pola edición da
súa obra “Cantares Gallegos”. Coa publicación desta obra
acadouse o pleno Rexurdimento e marcouse un punto na historia da
literatura galega. Rosalía tamén se dedicou a prestixiar a lingua galega e reivindicou
o seu uso. Morreu en Padrón en 1885.
Foi defensora dos dereitos da muller con frases como:
- Daquelas que cantan as pombas i as frores todos din que teñen alma
de muller,
pois eu que n´as canto, Virxe da paloma, ¡Ai!, ¿de qué a terei?
Rosalía na actualidade é un exemplo a seguir para moita xente, por dedicar parte da súa vida a defender a língua da que cada vez máis nos queren privar.
III CONCURSO INTERDISCIPLINAR
Comeza nas Bizocas o CONCURSO INTERDISCIPLINAR!
Dende Febreiro ata maio participade por equipos buscando as respostas das preguntas que vos plantexamos!
Bases do concurso:
- Participarán equipos formados por entre 3 e 4 alumnos/as.
- Non é necesario que os integrantes de cada equipo estean no mesmo curso.
- Haberá dúas quendas de preguntas ao longo do curso, relacionadas con distintas materias, que aparecerán no blogue e no taboleiro de dinamización do instituto
- Cada equipo deberá entregar por escrito as respostas a esas preguntas.
- O equipo que máis acertos teña ao longo destes meses será o gañador!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!
HABERÁ IMPORTANTES PREMIOS!!
1ª Quenda de preguntas:
1.- Pon tres exemplos de
apelidos da comarca do Salnés que fagan referencia a animais ou prantas.
2.- De onde procede a expresión “máis chulo que un oito”?
3.- Segundo a tradición, que se fai ao pasar baixo o “gui”?
4.- Instrumento de corda frotada tradicional
de Galicia, cuxo instrumento antecesor aparece tallado en pedra na Catedral de
Santiago, no Pórtico da Gloria.
5.- Un dos grandes poemas épicos gregos,
atribuído ao escritor cuxo nome coincide co do protagonista da serie americana
“Os Simpson”, ten como personaxe principal a un home cuxa esposa dá tamén nome
a un poema en galego. Como se titula a obra na que se inclúe o debandito poema
galego, e qué autor/a pertence?
6.-
O botafumeiro da catedral de
Santiago, cando se desprendeu por primeira vez e en presencia de que personaxe?
7.- Como se chama a bandeira do Reino Unido?
8.- Cal é o punto cero que
considerou Domingo Fontán para facer a primeira cartografía de Galicia?
9.-En que localidade Galega da provincia de Pontevedra
celebrouse una batalla contra os franceses entre o 7 e o 9 mde xuño de 1809?
10.- Qué é un aeroxenerador?
Ollo piollo!!: as respostas desta primeira quenda deberán entregarse antes do 27 de marzo
IV Concurso de Relato Curto
O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, convoca unha vez máis o Concurso de Relato Curto.
Todo o alumnado de 3º e 4º ESO podedes participar!
O relato gañador, ademais de recibir cheques regalo por valor de 100 euros e un lote de libros, tamén será publicado no número de Abril da Revista Sustansia.
Clica na imaxe para acceder ás bases, e non dubides en preguntar na biblioteca ou aos profes de galego se precisas axuda!
Subscrever:
Mensagens (Atom)