Día da Muller

O pasado domingo 8 de marzo no Concello do Grove, o alumnado de 4ºA do IES As Bizocas fixeron unha pequena chamada de atención á situación da muller na sociedade e lembraron as achegas e loitas dalgunhas das figuras femininas máis destacadas, e a miúdo esquecidas, en diferentes ámbitos da historia. 
Así comezaron...

"Hoxe o alumnado de 4ºA do IES As Bizocas, estamos aquí para conmemorar o Día da Muller. 

No ano 2014, 51 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. A media das condenas por violencia de xénero é de 19 anos, 3 anos máis que no 2007, e 7 anos máis que calquera outro homicidio. Porén, esto segue sen ser suficiente para protexer ás mulleres maltratadas. As vítimas deste tipo de violencia non se atreven a denunciar, ben sexa por medo, ou polo sentimento de inferioridade ou culpa ante a situación á que están sometidas. Todo isto é debido aos pensamentos machistas que aíndan perduran na sociedade, onde o home sente como súa á muller, como se fora o seu obxecto, pola falsa idea de que o amor é posesión.

Tamén hai desigualdades no ámbito laboral, onde moitas mulleres cobran menos por facer o mesmo traballo que os homes, e tamén son despedidas ou non chegan nin a ser contratadas nun posto de traballo pola súa condición de nais.

E non esquezamos neste día, as noticias frecuentes que escoitamos nos medios, onde todavía quedan moitos países no mundo nos que as mulleres son lapidadas polo feito de ter sido violadas, castigándoas a elas no canto de condenar aos seus mancilladores.

Todas estas ideas retrógradas impiden a completa igualdade entre os dous sexos. As mulleres debemos involucrarnos na defensa dos nosos dereitos, pero necesitamos tamén o apoio dos homes nesta loita pola igualdade de xénero. Todos somos persoas humanas, libres, polo que debemos ser tratados por igual, independentemente do noso sexo.

Hoxe estamos aquí un ano máis para continuar coa labor que outras mulleres comezaron séculos atrás e para honralas conquistando novos dereitos que todavía hoxe quedan por acadar. Algunhas destas mulleres destacadas na historia son:...  "





 Rosa Parks: Muller estadounidense que iniciou o movemento de desgregación entre brancos e negros en Norteamérica. O feito que iniciou esta revolución tivo lugar nun autobús onde había demasiados pasaxeiros, e Rosa Parks estaba sentada. Catro persoas brancas lle reclamaban que lles deixara o seu sitio pero ela negouse. A policía detívoa por isto e estivo varios anos no cárcere. En consecuencia, outros liberais negros loitaron pola igualdade como Martin Luther King ou Malcolm X. Pódese considerar a Rosa Parks como a persoa que iniciou o movemento pola liberdade da xente de cor nos Estados Unidos de América.

 Marie Curie:  Maria Salomea Sklodowska Curie, coñecida como Marie Curie, naceu en 1867 en Varsovia e morreu en 1934. Foi unha física, matemática e química Polaca, nacionalizada francesa. Foi pioneira no campo da radioactividade e entre outros méritos, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel. De feito, recibíu dous en dúas especialidades distintas: física e química.
Tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París, cidade á que se trasladou dende Varsovia en 1891 con 24 anos para continuar os seus estudos. Máis tarde, fundou o instituto Curie en París e Varsovia. Estivo casada co físico Pierre Curie, co que tivo dúas fillas das cales a maior foi tamén gañadora dun premio Nobel de Química.
Marie Curie morreu a causa dunha anemia aplásica, probablemente debida ás radiacións ás que estivo exposta nos seus traballos, xa que os efectos da radioactividade eran aínda descoñecidos neste período.

 Emily Pankhurst:  Naceu en Manchester en 1858 e morreu en Londres en 1928. Foi unha das fundadoras do movemento sufraxista femenino británico. O seu nome está asociado coa loita polo dereiro ao voto para as mulleres no período anterior á I Guerra Mundial.


         Indira Ghandi:  Naceu en Allahabad, India, en 1917 e morreu en Nova Delhi en 1984. Foi política chegando a ser a quinta Primeiro Ministro da India. Participou activamente na loita pola independencia deste país, dirixida por Mahatma Gandhi. Liderou tamén a industrialización na India e apoiou a independencia de Pakistán. Morreu asasinada polos seus gardas, que formaban parte da minoría Sijs.


 Benazir Bhutto:  Naceu en 1953 en Karachi, Pakistán, e morreu en 2007 en Ramalpindi. Foi unha política pakistaní que dirixiu o Partido Popular de Pakistán, o PPP, un partido político afiliado á Internacional Socialista.
Foi a primeira vez que unha muller ocupou o cargo de Primeiro Ministro dun país musulmán e dirixiu Pakistán en dúas ocasións entre os anos 1988-1990 e 1993-1996. Bhutto autoexiliouse en Dubai en 1998 onde permaneceu ata o seu regreso a Pakistán o 18 de outubro de 2007. Nese mesmo ano foi asasinada despois dunha manifestación do PPP, dúas semanas antes da data das eleccións onde lideraba á oposición. O seu fillo sucedeuna como líder do PPP.

 Malala:  É unha estudante, activista e bloguera pakistaní. Foi gañadora do premio Nobel da paz no ano 2014, e a galardonada máis nova. É coñecida polo activismo a favor dos dereitos civís. O 9 de outubro de 2012 en Mingora foi vítima dun atentado por parte dun miliciano do TTP, grupo terrorista Taliván. O 15 de outubro foi trasladada ao hospital para seguir coa recuperación, despois de implantarlle unha placa de titanio e un dispositivo auditivo. Malala regresou ás clases na escola de Secundaria en Inglaterra.

 Clara Schumann:  Naceu en Leipzig en 1819 e morreu en Frankfurt en 1896. Foi unha destacada pianista e compositora alemana. Na súa época, era tan virtuosa como o famoso pianista Franz Liszt, pero a súa fama foi eclipsada ao casarse co compositor Robert Schumann, de quen tomou o seu apelido.
Clara Schumann escribiu a súa propia música e editou obras do seu esposo. Foi unha muller fora de serie en moitos aspectos. A maioría das “nenas prodixio” da súa época deixaban de dar concertos cando casaban, para dedicarse as labores do fogar. A diferenza destas mulleres, a carreira de Clara Schumann continuou nos máis altos niveles profesionais ata poucos anos antes da súa morte. Realizou arredor de 40 xiras de concertos por toda Europa e en todas partes era recibida con altos honores.
Foi unha profesional tamén no sentido económico, cobrando dignamente, igual que outros virtuosos da época, e sendo por moito tempo o único soporte económico da súa familia.

 Isadora Duncan:  Naceu en San Francisco en 1878 e morreu en Niza en 1927. Foi unha artista e bailarina norteamericana, creadora da Danza Libre e Contemporánea. Filla dunha profesora de música, aos 10 anos xa daba clases particulares de danza. Realizou xiras por Estados Unidos ata que se estableceu en Nova Iorque. Posteriormente trasladouse a Europa residindo primeiro en Londres e logo en París, onde obtivo un grande éxito.
Considerada a nai da danza moderna, foi unha muller moi independente para o seu tempo, sendo nai solteira de dous fillos que por desgracia morreron nun accidente. Isadora Duncan sempre vivíu para a súa arte, non comprometéndose con ninguén máis, e estivo a altura doutros grandes coreógrafos e bailaríns como Rudolf Laban.
Morreu no apoxeo da súa carreira como bailarina, afogada cun fular que quedou prendido na roda do coche descapotable no que viaxaba. Os seus escritos sobre danza serviron de inspiración e base para o mundo da danza contemporánea e as correntes levadas a cabo posteriormente.

 Dolores Ibarruri. A Pasionaria:  Naceu en Vizcaia en 1895 e morreu en Madrid en 1989 aos 93 anos. Coñecida como A Pasionaria, foi unha dirixente comunista española. A súa familia era mineira, conservadora, e o seu marido militante socialista. Adquiriu prestixio como oradora e articuladora política, aínda que non se puido permitir acabar os estudos por ter que poñerse a traballar como criada. Participou en 1917 na Folga Xeral e en 1919 quedou impresionada polo triunfo da Revolución Bolchevique en Rusia. En 1922 foi elixida no Congreso do Partido Comunista Español como representante e comezou a escribir “La Bandera Roja”.

 Juana de Arco:  Tamén coñecida como “Doncella de Orleans”. Naceu en Dormény en 1412 e morreu en Ruan en 1431. Foi unha heroína militar e santa francesa. A súa festividade conmemora a data da súa morte, o 30 de maio como tradición na igrexa católica. Con 17 anos encabezou o exército real francés e liderou a batalla de Pataif e a “Guerra dos cen anos” que permitiu a coroación do monarca Carlos VII. Despois destas batallas foi capturada polos borgoñeses e entregada aos ingleses, que foron os seus inimigos nas batallas. Morreu condenada á fogueira.

 María Pita:  María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita, naceu en Sigrás en 1560 e faleceu no mesmo lugar en 1643. Foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque inglés acontecido no ano 1589. Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos. No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse ata vinte de diferentes contidos: débedas e apropiación de bens, quellas criminais por insultos e agresións, etc.

 Emilia Pardo Bazán:  Foi unha novelista, periodista, ensaista, crítica literaria, poeta, dramaturga, traductora, editora e conferenciante galega. Introduciu o naturalismo en España. Naceu en 1851 na Coruña e morreu en 1921 en Madrid.
Fundou e dirixiu a publicación “La Biblioteca de la Mujer”. Asistiu a congresos como o congreso pedagóxico, onde denuncia a desigualdade educativa entre homes e mulleres. Propuxo a Concepción Arenal para a real Academia da Língua, pero foi rexeitada. Chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas na UCM. Foi activista polos dereitos das mulleres.

 Rosalía de Castro:  Naceu en Padrón en 1837. É unha das máis importantes escritoras en lingua galega e unha das principais responsables da época de Rexurdimento.
O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas pola edición da súa obra “Cantares Gallegos”. Coa publicación desta obra acadouse o pleno Rexurdimento e marcouse un punto na historia da literatura galega. Rosalía tamén se dedicou a prestixiar a lingua galega e reivindicou o seu uso. Morreu en Padrón en 1885.
Foi defensora dos dereitos da muller con frases como:
- Daquelas que cantan as pombas i as frores todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n´as canto, Virxe da paloma, ¡Ai!, ¿de qué a terei?
Rosalía na actualidade é un exemplo a seguir para moita xente, por dedicar parte da súa vida a defender a língua da que cada vez máis nos queren privar.  

Sem comentários: