
I
CONCURSO DE ACRÓSTICOS
Xa
levamos un anaco andado do outono e estamos no tempo de conmemorar a
chegada da caída da folla. Acompañados de castañas, cogomelos,
melóns e produtos típicos desta época do ano, imos celebrar tamén
o Samaín.
Sabedes
que, segundo os nosos devanceiros, a noite do 31 de outubro ao 1 de
novembro era a máis perigosa do ano: as portas do outro mundo
abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar a parte
terreal. Para afastar dos seus castros estas perigosas ánimas
defuntas, adoitaban poñer no alto dos muros as caveiras iluminadas
dos inimigos mortos en campaña.
Pois
xa que estamos metidos neste ambiente tan tétrico, propoñémosvos a
todo o alumnado que participedes na elaboración dun
acróstico terrorífico. Debedes
ter en conta as seguintes bases:
-Os
acrósticos deberán estar escritos
en lingua galega, orixinais e
inéditos e terán como punto de partida a palabra SAMAÍN.
-Forma
de participación:
o poema será asinado cun pseudónimo e irá acompañado dun sobre
pequeno onde se indicará o nome, apelidos, curso e grupo do/a
participante. O sobre, por fóra, levará escrito o pseudónimo.
-Os
sobres entregaranse na biblioteca do centro durante os recreos.
-O
prazo para a presentación dos traballos remata o día 3
de novembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário