Aínda
que o tempo non nos ensine de momento a cara máis común do outono,
o certo é que estamos no intre do San Martiño e dos magostos. O
alumnado de 3º ESO decidiu, despois de analizar un chisco a
literatura popular, comprobar canto de transmisión interxeracional
sabían os seus maiores e fóronlle preguntar por refráns
relacionados con esta época do ano. Botádelle un ollo e opinade!
REFRÁNS
-
Polo San Martiño, trompos ao camiño.(Avó de Alejandra Rey e pai de Eloy Fraga, 65 e 51 anos respectivamente).
-
En setembro, arden os montes e secan as fontes.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos).
-
Polo San Martiño, mata o probe o seu porquiño.
(Tía
de Alejandra Rey, 40 anos).
-
Moita flor na primavera, bo outono non se espera.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos).
-
Por San Simón, ponlle ao viño o baldón.
(Avoa
de Alejandra Rey, 60 anos e avoa de Alberto, 65 anos)
-
Calor en xuño, castaña seguro.
-
Relampos en Xan Xoán, as castañas o pagarán.
(Avoa
de Paula, 67 anos).
-
San Andrés, colle o porco polos pés, e se fai “coe, coe”, tempo é.
(Informante
de Silvia, 95 anos).
-
Por San Simón, aperta o baldón.
(Pai
de Silvia, 59 anos).
-
De San Martiño en diante, nin para o crego, nin para o estudante
(Pai
de Silvia, 59 anos).
-
Se queres ter bos alliños, ponos no San Martiño.
(Nai
de Silvia, 45 anos).
-
Por San Amaro, trompos ao tellado.
(Nai
de Silvia, 45 anos).
-
Por San Martiño, matamos o porco e bebemos o viño.
(Silvia,
14 anos).
-
Por San Antón, aperta o teu baldón.
(Avoa
de Martín, 66 anos).
-
As castañas do Nadal, saben ben e pártense mal.
(Avó
de Lisa, 72 anos).
-
Polo San Miguel, sabe o touciño a mel.
(Tío
de Lisa, 42 anos).
-
Auga de agosto, nin bo viño nin magosto.
(Avoa
de Patricia, 60 anos e avó de Ángel, 80 anos).
-
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
(Nai
de Selma, 50 anos).
-
En magosto, castañas, viño e mosto.
(Avó
de Lucas, 70 anos).
-
Polo Samaín, castañas asadas sen fin.
(Avoa
de Lucas, 70 anos).
-
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
(Nai
de Juan, 50 anos e avoa de Martín, 66 anos)
-
Polo Samaín, as meigas veñen a min a asustarme sen fin.
-
En Samaín comín castañas ao magosto que non se comen en agosto.
(Nai
de Roi, 46 anos).
-
Quen moito ameaza, o medo ten na casa.
(Nai
de Roi, 46 anos e pai de Eloy, 46 anos).
-
Flores no outono, fame no ano novo.
(Avoa
de Laura, 64 anos).
-
Outono quente, leva o demo no ventre.
(Nai
de María, 46 anos e pai de Anxo, 48 anos).
-
Polo magosto e San Martiño castañas, pan e viño.
(Avoa
de Beatriz, 64 anos).
4 comentários:
Moi boa recompilación!!!
Moi boa recompilación!!
Moitas graciñas por esta escolma! Gocei moito dela léndoa!!
Grazas a vós que ledes o blog e recoñecedes con isto o traballo do alumnado. Están felices de que as súas tarefas teñan visibilidade e sexan do voso agrado.
Enviar um comentário