SNACK ATTACK



Vede e comentade, facede uso da lingua para opinar sobre este vídeo no que non temos uso da vertente oral. Os de 4º ESO debedes dedicarlle un anaco e, despois de miralo con calma, tedes que comentar as vosas impresións. Que vos parece? Esperabades un final así? Credes que existen esteorotipos á hora de atribuír un determinado comportamento aos máis novos? En fin, que podedes opinar, o que queirades, toda suxestión será benvida, pero recordade facelo coherentemente, tentade cohesionar o voso disurso con xeito e, dende logo, empregade o menor número de erros posibles. Para rematar vouvos recordar algo obvio, usade a NOSA LINGUA.





25 comentários:

Duna Casal, 4ºA disse...

De primeiras, paréceme un vídeo divertido sobre todo polos movementos e a forma de amosar a rabia dos personaxes.
Na miña primeira impresión parecíame mal que o rapaz tratase de esa maneira á señora, ela comprara as galletas e ao fin e ao cabo era unha persoa de avanzada idade; máis ao final do vídeo,cambia por completo a miña perspectiva porque foi a señora a que lle roubou as galletas ao rapaz.
Non me esperaba para nada un final así.
Doume tenrura pero á vez fíxome gracia a reacción da señora ao percatarse de que fora ela a que lle comera as galletas ao rapaz.

Lucía 4ºA disse...

Bós días, son Lucía de 4ºA e este é o meu comentario sobre o video:
O primeiro de todo é que me pareceu un vídeo cunha mensaxe moi bonita, que non teñamos estereotipos sobre as persoas que nos rodean.
A muller velliña xa daba por sentado que o rapaz lle roubara os seus doces polas apariencias que tiña, é dicir tiña prexuizos sobre él sen coñecelo nin sequera; ademais pódese ver a cara da señora ao mirarlle por primeira vez. A muller atribuíalle un comportamento de lacazán e ladrón, o que podemos ver reflexado nas súas expresións, e non se parou a pensar sobre se ela se estaba comportando ben.
Ensínanos que non debemos xulgar ás persoas pola súa apariencia ou pola imaxe que parezcan darnos senón por como se comportan con nós; ao final do vídeo, pódese ver que o rapaz compartira todos os seus doces con ela e era todo o contrario do que pensaba a señora, é dicir que era extremadamente agradable e non lle faltou ao respeto en ningún momento. Podemos ver que a muller, ao final , dase conta de que o rapaz incluso compartira con ela o seu último doce e síntese moi culpable e moi mal por iso.
Non esperaba para nada ese final, xa que todo o ocurrido no vídeo levábanos a pensar o contrario e gustoumo moitísimo esa mensaxe final e esa volta de tortilla que se lle deu a situación; un vídeo moi recomendable.

Anónimo disse...

Eu xa lera unha anécdota parecida a esta cortometraxe, pero grazas a ela entendina mellor.
Xa que visualmente enténdese mellor.
A señora pensa que o adolescente estalle robando as galletas, pero en realidade é o contrario.
Non me esperaba un final así, de feito, pensaba que ía pasar algo moi diferente.
O vídeo gustoume moito, foi moi ameno e divertido, cun final que te deixa pensando nos estereotipos que hai nas persoas hacia outras só polas apariencias.

Nael 4ºB

Anónimo disse...

Eu non me esperaba un final así.
Creo que ás veces, as persoas maiores pensan que todos os adolescentes son iguais, se lles atribue un comportamento irrespetuoso contra eles, cousa que neste video é todo o contrario. Por ir escoitando musica nun telefono non quere dicir que non prestes atencion ao exterior.
En xeral, son pequenos estereotipos que teñen os maiores cara o xovenes e que non deberian ser así, xa que no video a que se comportou mal (sen darse conta) foi a anciá.

Eva Lois Hermida

Anónimo disse...

Mario Sanmartín Bea 4ºB
Paréceme que o vidéo pretende mostrar como é a sociedade actual: como os xóvenes de agora non respectan aos maiores, pero tamén pretende demostrar que non todo é así, senón que tamén hai xente boa como o xoven que comparte o snack coa señora.

Unknown disse...

A min sorprendeume ao principio a actitude do rapaz porque pensaba que lle estaba a roubar as galletas a avoa . Despois dinme conta de que a avoa xuzgou o rapaz só porque andaba co móvil e é xoven . Gustoume moito a paciencia que tubo o rapaz coa señora ao estarlle a quitar as súas galletas . Parezeume un moi bo exemplo para non aprender a xuzgas ás persoas só pola súa apariencia física o pola idade que teñan .

Anónimo disse...

O video mostra como as veces prexuzgamos inxustamente as persoas máis xovenes ou máis contrarias ao que vemos no diario. Por isto a muller xuzga ao rapaz antes de coñecelo, e el, con toda a súa boa intención, mostrase amable cara ela, a pesar da incomoda situación na que se encontraba. Ela tamén intenta resolver o suposto problema, aínda que bruscamente, quizais debería mostrarse algo máis tranquila ao principio, entendendo claro, a situación na que ela cría estar.

Creo que é natural do ser humano prexuzgar as persoas pola sua apariencia, máis que pola súa diferente idade ou xeración. Isto é simplemente por instinto de supervivencia, xa que, normalmene, vemos o alleo como unha amenaza. Podería ser algo a cambiar, pero eu creo que é algo perfectamente normal e algo propio da naturaleza humana que non atenta contra os dereitos básicos das persoas. Simplemente debemos ter coidado do noso redor, evitando así problemas que puideran acontecer.

Raúl Salgado

SORAYA BEA disse...

Non me esperaba o final porque parece que o xoven é un maleducado e ao final era a muller a que lle estaba comendo as galletas. Eu pensaba que a senhora ia baixar do tren a desculparse pero non foi así.
Tamén me chamou a atención que o rapaz tirase o emboltorio das galletas no lixo.

Pet Toys disse...

1° Encantoume o video, pareceume totalmente realista e non me esperaba ese final.
2° Encanto o dos estereotipos eu creo que, por desgracia, inda hai moita xente (sobre todo persoas maiores) que teñen este tipo de prexuizos de cara a mocidade, non quero dicir que TODAS as persoas maiores os teñan senón que, a maioría, si os teñen. E non só os maiores xa que moitos adultos e inclusive mozos teñen estos prexuizos cos que os rodean.
3°A muller debería fixarse ben nas cousas antes de xulgar negativamente o mozo. E darse conta do seu erro demasiado tarde.
Por outra parte pareceme admirable o comportamento do mozo ante unha muller que chega para comerse a sua merenda. Ben sei que a maioría de nós o primeiro que faría o ver que alguén intenta apropiarse da nosa merenda sería apartalo ou incluso enfadarse, pero el simplemente deixou que ela comera e intentou compartir a ultima galleta. Pareceume un xesto moi bonito pola súa parte.

Valeria Vázquez disse...

o video gustoume moito, é moi gracioso e moi educativo. Non me esperaba ese final.

Anónimo disse...

No vídeo vese un muller vella que se enfada cun rapaz, xa que pensa que lle roubou os seus doces. A vella pensa que o rapaz é un maleducado, xa que lle rouba os seus doces. Pero ao final do vídeo, a vella decátase de que os doces que estaban comendo eran os do rapaz, e non dela. A vella que estaba moi enfadada, pero ao fixarse en isto, ponse moi contenta, xa que o rapaz compartiu os seus doces con ela. Eu non esperaba un final así, pensei que o rapaz estaba colléndolle os doces, aprobeitando que era un vella, e non lle iva a facer nada. A próxima vez a vella deberá fixarse máis nas súas cousas e a compartir, tamén a respetar aos rapaces.


BORJA LAMAS GALIÑANES 4ºB.

Anónimo disse...

Paula 4ºB
Parece que o feito de ser adolescente implica ser un rebelde e unha mala persoa, e pode que algún sexa así pero non deberían incluirnos a todos porque algúns o sexan. O comportamento débese incluir dentro da personalidade de cada persona e non simplente pensar que é así porque ten unha certa idade. Este prexuízo témolo todos aínda que non nos demos conta, eu sinceramente non esperaba ese final por ese tópico, aínda sabendo que non somos todos iguais, en películas ou en libros normalmente sempre se relaciona á xente xoven como algo malo, polo que ao ver este video esperaba algo semellante. A parte de eso non me parece normal o comportamento da señora, non polo feito de que se enfadara ao ver que o rapaz comía as "suas" galletas, senón porque nada mais velo puxo unha mala cara ao ter que sentarse con él sin que a este lle dera tempo de facer nada. Finalmente teño que dicir que este video é unha boa maneira de mostrar o que pensa normalmente a xente maior sobre nós.

Unknown disse...

O video gustoume bastante non me esperaba un final asi.
O comportamento da señora maior ao principio o entendía, xa que ela pensaba que o neno estaba comendo as súas galletas.
Certo é que a xente, especialmente a xente maior ten moitos estereotipos en certos comportamentos dos máis xovenes, pensan que non teñen educación e que non respetan a ninguén.
Cecilia Garrido.

yaiza disse...

penso que e un video educativo xa que ensina que non hay que xuzgar as persoas, que un ten que pensar sempre o que vai facer e que sempre hay que ser amable cos demais, e a vez tamen me pareceu gracioso.

Unknown disse...

o vídeo fíxome moita gracia porque dalle a volta á tortilla dunha maneira moi cómica. Pon a unha vella sentada a carón dun mozo que presentan como o esteriotipo de adolescente maleducado e irrespetuoso que colle as galletas da vella sen permiso e como se foran súas, e ao final vese como os esteriotipos quédanse niso, en una vista xeral a unha determinada comunidade, pero quenon todos teñen por que se igual de malencarados, posto que o mozo deulle á vella das súas galletas e nin protetou cando ela ascolleu confundidas

Antía Rubirosa disse...

A velliña prodúceme tenrura.
Non me imaxinaba un final así, aun que era de esperar que a raíz das galletas ia pasar algo.
A vella cando entra no tren transmitiume que se sintía mal por haber pensado mal do rapaz, xa que ela pensaba que el estáballe comendo as súas galletas.
O rapaz foi educado con ela, ata lle ofreceu a metade da súa última galleta cando ella lle dixo que non tiña máis.

Anónimo disse...

Carlos Otero 4ºB:
O vídeo consta de dúas partes, ao principio, unha señora tenta coller unhas galletas dunha máquina, pero resúltalle difícil, cando por fin o logra, séntase a esperar o autobús, xunto a un xoven con pintas algo sospeitosas, a señora enfádase por que o xoven lle rouba galletas, ou iso parece, xa que cando sube ó autobús dase conta de que o xoven tiña as súas propias galletas.
A historia paréceme boa, e con un final totalmente inesperado, xa que eu pensaba que o vídeo trataba sobre a falta de respecto contra as persoas maiores, e en cambio era xusto o contrario. O vídeo fíxome reflexionar, xa que eu, que tamén son xoven, xuzgueino antes de tempo, sen duda un vídeo que che fai reflexionar.

Anónimo disse...

Manuel Prol Prol 4ºB

No vídeo observamos a unha anciá que se mostrase molesta cun mozo, que aparentemente estaballe collendo as galletas. Pero en realidade todo forá unha confusión da anciá, xa que as galletas eran del, e debido ao aspecto do mozo e estar có móbil, a anciá pensou que era un miserable.

Anónimo disse...

O video paréceme un ensino para non xulgar a alguén pola súa simple aparencia, aínda así non esperaba ese final. Creo que agora aínda que poida seguir existindo algún comportamento dese estilo, non é como antes. Penso que antes a xente maior non se fiaba de nós por moitos habitos que se tiñan no 2012 ou 2013, polo menos no meu ámbito diario.

AARON CASTRO MÍGUEZ 4ºB

Anónimo disse...

Eu creo que este vídeo so intenta mostrar como a día de hoxe, na actualidade, moitas xente maior ten uns pensamentos negativos cara as persoas mais novas, como neste caso o rapaz.
Algunhas persoas maiores (non teñen porque ser vellos),neste caso a muller, xuzga ao rapaz pensando que lle comía as súas galletas, ser ser de la.
En resumen, este vídeo intenta concienciarnos dos prexuizos, os cales non debemos ter con ninguén, sin importar idea, creenzas, etc.

Soraya 4°B

Anónimo disse...

a verdade e que me esperaba un final completamente diferente. esperabame mais reaccion do rapaz hacia a señora, por comerlle as suas galletas, e non pasar de ela, tanto como o fixo. a dia de hoxe os rapaces valoramos pouco aos nosos maiores e por iso chocoume ese final, non sei, esperabame mais reaccion por parte del e menos por parte de ela, xa que a señora deberia hav¡ber comprobado se as galletas eran suas, antes de culpar o rapaz.

Unknown disse...

Pareceme un vídeo inxeniodamente grabado debido a que tes que velo ata o final para comprenderlo,gustame o significado do vídeo .Non esperaba ese final xa que non comprendía moito a importancia dos sucesos do principio.Creo que si hay estereotipos a hora de falar da xente máis nova , sobre que o noso comportamento e irrespetuoso e somos uns irresponsables xuzgandonos a todos coma se fosemos a mesma persoa, e sen ter en conta o comportamento dos adultos.

Anónimo disse...

A curta pareceume moi boa, xa que , é moi realista pero dunha forma mais cómica .
Creo que polo feito de ser xóven , as personas anciás fanse a idea de que somos despistados , irresponsables e inmaduros e é o que quere representar esta curta muda .
E finalmente pareceme que é aplicable a outras situacións porque moitas veces prexuzgamos as personas sen coñecelas e isto pode facernos cometer erros

Kirenia Iglesias Fernández 4B

Anónimo disse...

a min pareceme que a señora maior fixo mal xa que por ser un xoven e polo seu aspecto antes de analizar a situacio decidiu xuzgar mal ao rapaz cousa que penso que non faria se fose unha persoa maior que fose ben vestido
Jaime Cabaleiro Poceiro 4ºA

Anónimo disse...

Ainoa Rodríguez Dopazo 4ºB

O corto pareceume divertido, enxeñoso e elocuente. A combinación entre a música e os debuxos dos personaxes, xunto ao escenario, deron lugar a un moi bo vídeo, co cal rin e me divertín un anaco.

En primeiro lugar, faite identificarte co personaxe. Foi moi realista ver como, tras a vella meter os cartos e non recibir o paquete, comeza a golpear con furia a máquina. Pareceume divertido e realista, porque amosou a frustración e o enfado que sentes neste tipo de ocasións. Ademais, tratou a situación de forma cómica que é o que me encantou, porque foi entretido e animado.

De seguido, a introdución do rapaz, foi como a guinda para o pastel. Introduciu un novo conflito, e ademais unha situación diferente. Abofé que foi unha xogada mestra. Chega e séntase xunto a un rapaz, que parece o típico adolescente que non ten maior preocupación na vida que escoitar música cos auriculares, e unha vez alí comeza a disputa polas galletas. Parece ridícula a escena pero o mellor de todo non é iso. A vella cría que só ela os podía comer, pensando que eran seus, polo que os achega máis cara ela e se enfada co rapaz. Mentres, este só quería comer as súas galletas, sen entender moi ben como aquela muller llas estaba arrebatando, e aínda así, actuando pacientemente. Pareceume moi divertido. O mellor de todo é a disputa pola última galleta, discuten... e ao final é o rapaz quen intelixentemente, ademais de bondadoso, lle cede a metade da galleta á muller, quen por orgullo e impulsiva a rompe en mil anacos, deixándose levar pola primeira impresión.

Máis tarde, xa cando sube ao vagón do tren, fíxase no rapaz, que a mira dende o outro lado do cristal simpaticamente, mentres esta lle devolve unha cara longa. O mellor de todo, é cando, tras mirar no interior do bolso, atopa o seu paquete de galletas e descobre que en realidade aquel paquete era del, e que fora ela quen lle estaba roubando a el as galletas. Cando xa sente culpabilidade, mira ao mozo con vergoña, tratando de desculparse, sendo tarde, porque el xa marcha da estación.

Na miña opinión, é un final aberto e decepcionante polo que penso e espero que haxa unha continuación, aínda que permitídeme que o poña en dúbida. Non me gustou nada que rematasen así a historia, pero todo ten que ter un final, aínda que non nos guste. Os personaxes son idóneos. A vella, representa todos os prexuízos que adoitan ter os adultos sobre a xente mozo: que son uns palanquíns, que só se preocupan por eles, e que canto máis molesten aos demais mellor. E o cativo, pola outra banda, aparece cunha actitude formal, educada e comprensiva, o cal derruba todos os argumentos da vella. Quizais pareza raro, pero creo que desta forma, pretende alertar á xente sobre os distintos estereotipos, e por iso me gusta tanto. Atribúennos un papel segundo a nosa idade, pero iso non quere dicir que se cumpra. Ao contrario, debemos loitar contra isto, e saber admitir os nosos erros.

En conclusión, non só é un vídeo de calidade, que conta unha historia, senón que ten unha mensaxe para os demais, clara e precisa, con significado e importancia.