E como xa dixeramos, este venres celebramos o día cultural no centro e dentro das múltiples actividades organizadas, contamos tamén coa presenza de Celso Sanmartin.
Cómpre recordar que as letras galegas non deben ser obxecto de
festividade dun único día, senón de todos e cada un dos 365 que ten o ano. Por
esta razón, nós seguimos de festa e decidimos que ninguén mellor que Celso
para axudarnos a celebrar esta efeméride.
Coas súas palabras quedas e esa arte para transmitir a paixón e o amor pola comunicación e a oralidade, Celso agasallounos con fermosas historias cheas de misterio, sabedoría e sobre todo cheas da esencia de Galicia e dos nosos maiores, fonte de inspiración do que nos conta.
Foron dúas horas que nos pasaron nun suspiro e, algunhas de nós, aínda tivemos a sorte de poder conversar un chisco máis con el.
Grazas polo teu bo facer, agardámoste na seguinte volta do camiño.
Sem comentários:
Enviar um comentário