CURSO 2018/2019


Curso novo, vida nova. Comezamos a nosa andaina e esperamos que este curso 2018/2019 sexa do maís frutífero en todos os aspectos, mais sobre todo no lingüístico. A vida cultural galega e o fomento do uso da nosa lingua será o principal obxectivo deste equipo que, con ideas novas e outras xa máis antigas, desexamos botar a andar e ir paseniño, pero con pasos seguros e avances certeiros.

Temos xa configurado o EDL cunha morea de alumnado desexoso de traballar a prol do uso do galego; por iso esperamos que as actividades, que iremos realizando durante todo o curso, sexan do agrado de toda a comunidade educativa.

Para comezar, botádelle un ollo ao taboleiro da lingua que, como o curso anterior, está situado na entrada principal, ao lado da conserxería. Nel tedes unha serie de bandas deseñadas que nos serven para rir, mais tamén para reflexionar. 

Benvidas e benvidos a todos/as, bo curso, e non esquezades usar un chisco máis do habitual a lingua galega. 





2 comentários:

Anónimo disse...

Eu son o alumno de 3B Nicolás Padín Paz e hoxe día 26 do 10 do 2018 observei o taboleiro de sociolingúistica, en particular, había un que me chamou a atención posto que reflexaba o que vivims todos os días. Na imaxen aparecían un puñado de nenos nun banco e ao seu carón unhas criaturas. Os rapaces comentaban que agora chamaban raros a os que falaban galego e que eles o falaban por que lles petaba. As criaturas eran os que realmente eran raros. A súa actitude pareceume mal xa que a súa actitude era hipócrita e hoxe en día critícantante por calquera cousa.

Nicolás Padín Paz 3B

Anónimo disse...

Elexin a viñeta na que unha señora maior vai a o medico e esta non sabe si referirse a o doctor ou a enfermeira, a quen se referia como interprete, creo que a señora referiase a que a enfermeira teria que explicarlle ao doctor ben a doenza que esta tiña, eu din a entender que e unha dor que so sinten as mulleres por eso se refire como interprete a enfermeira.
Fixome especial gracia polo contexto que usaba e por que ten razon e que hai doenzas que so as mulleres coñecen e doenzas a sua vez que so sinten os homes.

Jairo Lis 3-A