No día de onte, tivemos unha visita moi interesante. Anxo Moure chegou ás Bizocas para contarnos uns fermosos contos cheos de simboloxía e de amor pola natureza. De 1º a 4º todas e todos fomos pasando pola Biblioteca para pararnos a escoitar como o Apalpador do Courel chegou a Laponia e de aí saíu o famoso Noel. Abraiámonos con Anxo que, antes de acudir ao centro, ala polas sete da mañá decidiu darse un baño na praia para logo chegar e transmitirnos as súas fermosas historias, así como poñernos fermosas imaxes do Courel.
Mirade as fotos e vede cantos Apalpadores hai n'as Bizocas.
Sem comentários:
Enviar um comentário