O vindeiro 24 de
febreiro é o día de Rosalía que, ano tras ano, celebra o nacemento da poetisa.
Moitos centros da nosa comunidade realizan distintos actos que axudan a
conmemorar tal data e este ano non vai ser doutro xeito. O IES As Bizocas non
quere ser menos e vaise unir á celebración cunha actividade que xa se realizou
o curso pasado.
É así que este
venres, 22 de febreiro, durante o recreo toda a comunidade educativa recibirá
de man do alumnado do Club de Lectura unha tarxetiña cuns versos de Rosalía que
deberán / deberedes gardar. O obxectivo é que, ao luns seguinte e durante o primeiro
recreo, se faga un sorteo diante da Biblioteca. Cada tarxeta irá numerada e o
posuidor da agraciada recibirá un agasallo sempre que a conserve ata ese día e
se atreva a recitar os versos que lle tocaron.
Como
novidade, o profesorado escollerá un
poema da poetisa e, durante as sesións que teñan o luns 25, lerano antes de
comezar a impartir a súa materia.
No taboleiro da lingua aparecerá o manifesto feito co gallo da celebración deste ano, que correu da man de Ana Romaní.
Estade atentos á publicación das fotos
Sem comentários:
Enviar um comentário