Acaba de pasar a
Candelaria, o día no que casan os paxariños (se queredes saber sobre esta data, buscade no taboleiro da lingua, alí
tedes moita información) e
estamos achegándonos á data do amor, o xa sobradamente coñecido San Valentín.
Para celebralo, queremos pois, dende o EDL
e o Departamento de Inglés, convidar a toda a Secundaria a realizar chíos de
amor ou tweets of love.
Trátase dunha actividade na
que pretendemos que fagades pequenas mensaxes que non superen os 140 caracteres e nas que transmitades
sentimentos de amor usando a nosa lingua. As mensaxes poden xirar ao redor do sentimento do amor, do amor pola paisaxe
galega, do amor pola nosa lingua,
polos nosos familiares, do amor pola humanidade, polo noso noivo ou noiva… En definitiva, tedes liberdade
absoluta para as vosas creacións, sempre e cando o amor estea de fondo nas composicións
e que as linguas que empreguedes sexan a
inglesa ou a galega.
Iso
si, os resultados deberedes publicalos neste mesmo Blog no apartado de comentarios.
Non esquezades poñer o voso nome e o curso, así todos e todas saberemos
identificar ao autor/a das esperadas mensaxes. Para non pasarvos en número de
caracteres, debedes ir ao menú, apartado de “Revisar” e alí xa atoparedes unha
opción que vos di “Contar Palabras”. Para terdes máis marxe, ímosvos permitir
que contedes os vosos caracteres sen espazos.
Ánimo, esperamos os vosos chíos
amorosos. A mensaxe máis fermosa recibirá un pequeno agasallo.


