CHÍOS DE AMOR / TWEETS OF LOVE






Acaba de pasar a Candelaria, o día no que casan os paxariños (se queredes saber sobre esta data, buscade no taboleiro da lingua, alí tedes moita información) e estamos achegándonos á data do amor, o xa sobradamente coñecido San Valentín. Para celebralo, queremos pois, dende o EDL e o Departamento de Inglés, convidar a toda a Secundaria a realizar chíos de amor ou tweets of love.
Trátase dunha actividade na que pretendemos que fagades pequenas mensaxes que non superen os 140 caracteres e nas que transmitades sentimentos de amor usando a nosa lingua. As mensaxes poden xirar ao redor do sentimento do amor, do amor pola paisaxe galega, do amor pola nosa lingua, polos nosos familiares, do amor pola humanidade, polo noso noivo ou noiva… En definitiva, tedes liberdade absoluta para as vosas creacións, sempre e cando o amor estea de fondo nas composicións e que as linguas que empreguedes sexan a inglesa ou a galega.
            Iso si, os resultados deberedes publicalos neste mesmo Blog no apartado de comentarios. Non esquezades poñer o voso nome e o curso, así todos e todas saberemos identificar ao autor/a das esperadas mensaxes. Para non pasarvos en número de caracteres, debedes ir ao menú, apartado de “Revisar” e alí xa atoparedes unha opción que vos di “Contar Palabras”. Para terdes máis marxe, ímosvos permitir que contedes os vosos caracteres sen espazos.
            Ánimo, esperamos os vosos chíos amorosos. A mensaxe máis fermosa recibirá un pequeno agasallo.

73 comentários:

Anónimo disse...

Amor é cando algo que che encanta moito ver ou visitar,que non che gusta que lle fagan algo e que queres que o respeten como queren que os respeten a eles.Marta 3°B

Anónimo disse...

Unha paisaxe como aquela é difícil de esquecer. Naquel punto, en medio do pazo, casouse miña irmá que tanto quero, e coñecín a Daniel, xa levamos casados tres anos, a nosa voda tamén foi no pazo.

Anónimo disse...

Andrés Medrano Bravo 3B

Galicia é coma duas metades, unha mitade é a beleza do paisaxe e a outra metade é da persoa que o mira.

Anónimo disse...

Polo amor que lle teño a miña terra, e porque unha vez a vin arder #NUNCAMÁIS
ALBERTO DIAZ

María B 3C disse...

Non digas nada,nen sequera unha palabra,só dame un bico que me faga perderme no abismo.

Lucía Rodríguez disse...

AMOR é unha palabra de cinco letras, breve pero que pode significar moito para unha persoa e cambiar a súa vida. Imaxina que o moz@ que che gusta diche "Ámote", non estaría a cambiar a túa vida por completo? Iso si que é o poder das palabras!

LUCÍA 4ºA

Lucía Rodríguez disse...

LOVE is a four letter word, short but that can mean a lot for a person and change their lives. Imagine that the boy/girl you like says ''I LOVE YOU'', isn't he changing you life completely? That's the true power of words!

LUCÍA 4ºA

Unknown disse...

Dous rapaces coñécense. Cada un dun sitio. Fanse mozos, todo o mundo lles dí que vai ser todo imposible, que vai ser todo moi duro, eles ignoran ao resto, demostran que todo é posible.
ICÍAR MARTÍNEZ PIÑEIRO 3°A

Anónimo disse...

Pola nosa terra que se queimou, a cal algunha xente olvidou. #galicia #lume
(Joaquín Bravo Sanmartín 3°A N°1)

Felipe Álvarez disse...

Avó, que faría sen ti senón estiveras neste mundo? Pois non o sei, xa que ti eres unha das persoas que eu máis amo, sen coidado.

Anónimo disse...

Non te cambio por ningún,porque coma ti só hai un.

Alejandra Rey Outeda 3ºA

Anónimo disse...

Mario Sanmartín Bea 4ºB.

Amor, amor pola miña terra, polos meus ríos, polos meus campos, polas miñas montañas, polas miñas raíces. POLA MIÑA GALIZA.

Anónimo disse...

A miña gata é coma miña irmá, pese a que ás veces pelexemos, querémonos moito. Porque ás veces os animais entendennos mais que as persoas.

Lisa Reise Moldes 3°A

Pet Toys disse...

O amor e compricado, xa que cando queres moito a alguén xa non podes imaxinar a túa vida sen esa persoa.

Love is difficult, because when you love to much someone you can´t imagine your life without that person.

PD: Aplicable a todo tipo de amor, parella, familia,amigos...

Yasmina 4A

Anónimo disse...

Ás veces podemos estar tristes,
pero está ben, porque estou ao teu carón.
Se estamos xuntos, podo sorrir.

- Noa Fernández garrido 3°C

Anónimo disse...

Galego

Amor a miña terra galega, unha obra perfecta da Natureza, a paisaxe, os bosques e a area, revoltos polo auga, auga dos ríos e do mar.

English

Love to the Galician’s land, the perfect connection between forests and sand, the landscape, all scrambled by water, river’s and sea’s water.

Raúl José Salgado García 4ºB

os bolechas disse...

After the storm always became the sun.

Anónimo disse...

Está claro que darche as grazas quedase corto, porque ti axudasme cando estou mal ou cando no paro de darlle voltas a cabeza de cousas. Xa me coidabas cando era pequeno, xogabamos xuntos e agora eres imprescindible na miña vida. Sabes os meus segredos e máis q vas saber.
Queroche moito miña irmá.


Eloy Fraga 3A

Felipe Álvarez disse...

Grandpa, I love you a lot, and I don´t know what can I do if you aren´t here. You are the best and you help me. I will remember you forever.

Soraya Bea disse...

Don't forget that you deserve to receive the love you give,don't settle for less.





Non fai falla estar a tres metros sobre o ceo para berrarlle aos catro ventos que teño ganas de ti.

Soraya Bea disse...

if the universe knew how much I love you, it would be ashamed to be so small.

Valeria Vázquez disse...

Qué sería de min sen ti? Non sería nada, non podría seguir. Porque fuches ti a que estivo ahí cando todos me deoron a espalda, porque eres a que me fai rir con unha sola mirada, porque eres a que soporta todas as miñas tonterías, porque me fas rir,chorar de emoción e de tristeza coas túas fuxidas, porque a pesar dos problemas e da distancia penso en ti todos os días, por unha amistade diferente, porque eres xenial, inimitable e por desgracia irremediable, porque pase o que pase nunca deixarei que marches do meu lado, porque necesito máis dun infinito ao teu lado, porque apoiareite en todo coma sempre fixen, perdón se algunha vez te faiei. Faiseme imposíbel estar sen ti. Non olvides que eres a mellor.

Anónimo disse...

Podo decirche sen ningún temor, que por tí, morro de amor .









ANXO CONDE VIDAL 3A

Anónimo disse...

She told me that I'm not enough,
And she left me with a broken heart,
She fooled me twice and it's all my fault,
She cut too deep, and she left me scarred.


Nael Padín 4ºB

Anónimo disse...

É fácil. É pura maxia o que se forma entre eles cando están sós. Sorriso tras sorriso, bico tras bico, aperta tras aperta. É só deles. O sentimento que senten ambos é irreal. É amor.

Soraya Paz 4ºB

Anónimo disse...

It is easy. It is pure magic what is formed between them when they are alone. Smile after smile, kiss after kiss, hug after hug. It's just from them. The feeling they feel is unreal. Is love.

Soraya Paz 4ºB

Anónimo disse...

O amor é un sentimento hacia alguén, os rasgos que o caracterizan, o seu carácter, a sua forma de ser...
Si che gusta o seu físico, é atracción.

///////

When you find your other half, you will be one person, not two.

Eva Lois

Anónimo disse...

O amor é un sentimento inexplicable de felicidade por unha persoa, animal, cousa...


Love is an inexplicable feeling of happiness for a person, animal, something ...

Antía Rubirosa disse...

O amor é un sentimento inexplicable de felicidade por unha persoa, animal, cousa...


Love is an inexplicable feeling of happiness for a person, animal, something ...

Anónimo disse...

Creer en ti mesmo, por que ao final o que máis importa é como te sintes tí, sentir o que fas, e saber que está ben feito.
Aaron Castro Míguez 4ºB

Ana Fraga disse...

Como cada noite, contandoche estrelas na espalda, cartografiandoche lunares, aprendín que aquelo que agocha o ceo atópase escondido na pel.

Anónimo disse...

Antía Prieto 3°B

Por moi mal que estes coa túa familia, eles sempre serán o teu maior apoio, por que son as persoas que mais te queren.

Anónimo disse...

Ainoa Rodríguez Dopazo

Imaxineite en anos.
Busqueite nas rúas.
Pero cando te tiven diante,
decidín mirar a lúa.

Xa era tarde.
Non fun túa.
Conformeime ao saber
Que miraríamos a mesma lúa.

Anónimo disse...

Ainoa Rodríguez Dopazo

I looked at you too late, thinking you will be there for me.

Anónimo disse...

Manuel Prol Prol 4ºB

Que ledicia despertarse pola mañá e ver a fermosa paisaxe galega, as ondas do mar batendo contra as rochas e os paxaros cantando.

--------------------------------------------------------------------------------------

It's lovely when I wake up in the morning and I look the gorgeous Galician landscape. The waves hitting against rocks and the birds twittering.

Anónimo disse...

Miriam Pérez Piñeiro


Ese silencio que se crea cando 2 persoas míranse aos ollos. Sabes que digas o que digas,xamais nada acercarase a explicar como te sintes.
Supoño que iso é o amor; sorrir calados.

That silence that is created when two persons look each other in the eye. You know what you say, never anything will come close to explaining how you feel.
I think I suppose this is love; smile quietly

Lucas Santamaría Iglesias disse...

Quero moito a miña Galicia,queroa con amor,pero quero máis,ao meu LeBron

"Love" maybe is a word,but the world will be better if we turn it into an action

jose A. disse...

si fuera un avion me pasaria todo el dia en tu aereopuerto

iñaki mendez mouriño 1ºB disse...

Se amor fose cego,todos nos namorariamos de escuridade

Antía 1ºB disse...

Déixame o teu lenzo para pintar cos meus lenzos.

noa conde prieto disse...

hai xente que vale moito,pero tamen hai xente que non ten prezo

Anónimo disse...

Amo como ama o amor. Non coñezo outra razón para amar que amarte. Nun bico, saberás todo o que calei, recordando que o primeiro dase cos ollos e non coa boca.


Antía Domínguez 4ºB

Anónimo disse...

Carlos Otero Domínguez:
Este texto vai dedicado a miña irmá pequena:
Cando te vin sorrír por primeira vez, dinme conta de que eras a mellor cousa que me pasou en anos. Cada avance teu, dende a mais pequena tontería produce en mí unha gran alegría, o que máis me gusta de ti é cando me dis chao na túa propia lingua, que inda que non a entenda sei que está chea de amor e tenrura, non medres nunca pequena.

Anónimo disse...

Eres a casualidade que mellor souben provocar.ç

Brais Triñanes Lois 4ºB

Anónimo disse...

A lingua galega. A nosa lingua, o mellor que temos, a nosa patria querida. A nosa lingua, a máis fermosa, a que nos identifica.






BORJA LAMAS GALIÑANES 4ºB

Anónimo disse...


Not all love is given to you by a person. Love is an attraction to something we like. It can be both hobre as a woman, or not even a person, anything that makes you truly happy, is love.



Lara 4ºB

Anónimo disse...

Carlos Otero Domínguez:
To my little sister:
When I saw you smile for the first time, I knew that you are the best thing that happened to me in years. Every progress of you, from the less important thing, you produce happiness in me. The thing that I like most of you are when you said goodbye to me in your own language, I don´t understand you, but i know that it´s full of love and tenderness, don´t grow up.
Carlos.

Anónimo disse...

Non nos fixeron falta palabras para namorarnos, falabamos a mesma lingua, a que non comprende a maioría e que so emprega os ollos, os beizos e as nosas mans xuntas .

Kirenia Iglesias Fernández 4B N6

Isai disse...

Meu amor cada día que pasó contigo son o home mais feliz do planeta tierra.

Isai Fandiño Pérez 1°a

Iago mt 1A disse...

Quisiera parar o tempo para asi estar sempre estar contigo

Anónimo disse...

O máis fermoso, é ver a ledicia dos meus compañeiros ó chegar a clase, todos os días.
Aroa Aguiño 1ºA

cbomeco disse...

Hai sempre algunha tolemia namorada, pero tamén hai unha certa razón na tolemia.

Suevia Noya Garrido 1A

Unknown disse...

CARLA DOMÍNGUEZ CORRAL 1ºA
Un día a miña nai explicoume o que era o amor e realmente nunca o olvidei:
Cando queres a alguén porque é rico non é amor, senón que é interese; se queres a alguén pola súa fermosura non é amor,é deseo; se queres a alguén pola súa intelixencia, non é amor, é admiración pero si realmente queres a alguén e non sabes porque, eso si que é amor. Unha vez enamorado débese a que esa persoa que tanto quere, lle fai feliz porque lle fai sentir o que ningún outro lle fai vivir e tamén porque esa persoa é o seu mellor amigo e lle coida e lle respecta e a pesar de todo nunca o pode borrar do seu corazón.

Unknown disse...

CARLA DOMÍNGUEZ CORRAL 1ªA

Un día a miña nai explicoume o que realmente era o amor e nunca o olvidei:
Cando queres a alguén porque é rico, non é amor, é interese; se queres a alguén pola súa intelixencia, non é amor, é admiración; se queres a alguén pola súa fermosura, non é amor, é deseo pero si queres a alguén e non sabes porque, eso si que é amor.
Cando te enteras de que estas enamorado é porque esa persoa te fai feliz ou porque te fai sentir o que ningún outro o fai e porque sempre che cuida e che respeta e sobre todo porque nunca o podes sacar do teu corazón e da túa cabeza pero ás veces hai amores que traicionan ou que rompen o teu ser e perdes a órbita e te volves unha persoa distinta. Por iso nunca podémonos deixar levar por alguén sen antes saber as consecuencias que poden pasar.
ENAMÓRATEEEEE

Anónimo disse...

The best of love is when you prefer the imperfections that you only see,than when your special person is trying to be perfect.

Laura 4º B

Anónimo disse...


The best of love is when you are blind.

AARON C.M. 4ºB

Anónimo disse...

O amor que vai durar para toda a vida é o amor propio. Quérete, ámate e cóidate.

Patricia, 3º B

Anónimo disse...

Pode que non sabias quen son, pero para moita xente es moi especial. Miña terra, miña Galiza.

Eloy Fernández, 3º A.

Anónimo disse...

Grazas ao galego, España ten riqueza cultural.





Nael P.R.

Anónimo disse...

Galiza é o que vemos: a terra, o mar, o vento...Pero hai outra Galiza que vai no sentimento.

Laura, 3º B

Anónimo disse...

Gracias familia.

Gracias por facerme a persoa que son agora. Gracias por esas apertas, eses sorrisos, eses si, eses non.

Quérovos.

Martín Vidal Rodiño 3ºA

Anónimo disse...

Brindemos, brindemos por todas esas broncas no cuarto, por esas discusión sen sentido. Por poñerme 28 chaquetas cando non tiña frío. Porque ti es miña nai e coma ti só hai unha e quérote coma ningunha.
Nicolás Padín Paz 3a

Anónimo disse...

Terra que me veu nacer, terra que vin morrer.

Yago González Moureloa 3a

Anónimo disse...

A GALIZA MÁIS NOSA

O bater das ondas nas rochas, a escuma da auga do mar, o frío que te esperta, as pozas de auga dos cons, os paxariños irrompendo no silencio e o anoitecer que ilumina a nosa mirada.

Silvia, 3º A.

Anónimo disse...

Cando me preguntan que é o amor, non lles sei contestar; só lles miro aos ollos e sei que o entenderon.

Duna, 4º A

Anónimo disse...

Ollos que non ven, corazón que non sente. É por iso que ninguén me quere? Por que non me ven?

Irene, 4º A.

Anónimo disse...


Apareceu. Cambiouche a vida, fixo que a túa loucura se duplicara.
Facíache voar, sentir, e desexar. As horas desaparecían ao seu carón.

Beatriz, 3º B.

Anónimo disse...

Un dos mellores sentimentos é saber que alguén nos quere, quere falar connosco, quere saber como estamos ou quere vernos. É moi fermoso querer e sentirse querido...

Selma, 3º B.

Anónimo disse...

O amor para min é un sentimento de afecto que se sente cara a unha persoa ou algún animal. É moi difícil expresar con palabras como nos sentimos, hai moitos "tipos de amor", evidentemente o amor que sentes polos teus pais non é o mesmo que o que sentes pola túa mellor amiga ou pola persoa que che gusta.

Ana Lois, 4º A.

Anónimo disse...

Observei como os seus beizos se estiraban ata formar un fermoso sorriso; vin como a súa cara tornaba nunha cor roxiza. Fun o observador desas pequeñas cousas que a todos nos namoran.

Laura, 4º B.

Anónimo disse...

Que é o amor? Pode resultar difícil describilo con palabras. A teoría máis común é sentir bolboretas no estómago, pero, é certo? Iso é unicamente un sinal.Amar a alguén implica querer pasar tempo con esa persoa sen importar o demais e sentir a extraña necesidade de protexela por enriba de todo. Para querer a alguén non necesitas pensar en que é o que sentes, simplemente síntelo.

Paula, 4º B.

Anónimo disse...

Só os peixes mortos seguen a corriente




LOIS 3C

Anónimo disse...

O amor non é sempre entre dúas persoas, pódecho dar calquera ser. É unha mostra de cariño entre dous seres. O amor é a felicidade que encontras noutro ser, sendo mutua.

Lara, 4º B.