Desta volta, tócalle a 3º ESO; deberedes contribuír a dinamizar o noso taboleiro, ese que xira arredor da lingua e da cultura galega.
Durante o que resta deste mes, tedes que ir xunta del e fixarvos moito no que alí hai colocado. Observade as viñetas e as noticias que se atopan no mapa de Galicia, situado á dereita do citado taboleiro. Unha vez feito isto, entraredes en comentarios e falaredes da viñeta ou noticia que máis vos agradou, vos impresionou ou vos resultou máis curiosa. Para que todos e todas nós saibamos do que estades a falar, debedes describir con precisión o que nela observades graficamente, así como tamén os diálogos que se manteñen. No caso de tratarse dunha noticia, simplemente diredes de que trata e, a continuación, daredes a vosa opinión, o voso parecer sobre o que alí observastes, así como a razón da vosa escolla.
Ánimo e a traballar.
24 comentários:
O texto que elixín comentar é un no que hai varias galiñas e ó lado Josefa. As galiñas están dicindo que Josefa ten todos os poderes, gustoume porque me recorda ós meus avos aos que as galiñas tiñanlle e teñenlle moito respeto e mesmo se están cacaraxeando e un deles aparce dianta paran. Recordo cando era pequeno que unha picoume e como castigo estiveron varios dias sen salir da caseta. Fíxome moita gracia esta viñeta.
Martín Pouso Mourelos 3ºA
María Cacabelos 3-B
Na viñeta que elexín aparece unha escola cuns alumnos e da profesora só aparece a metade da profesora que seria a falda.
A viñeta fala da falta de medios na escola e por iso aparece a metade da profesora.
A viñeta que elexín foi na que aparece unha profesora cortada a mitade.
Elexín esta viñeta porque os recortes en educación é algo que nos afecta a nos a e o autor o esaxera
pero se entende moi ven o que quere dicir.
Xavi 3ºB
Eu escollín a viñeta onde aparece unha señora e un neno falando do día Mundial dos nenos de Padrón.
A miña opinión sobre isto é que non me parece lóxico que se é un día festivo ou un día especial da localidade como ese día dos nenos de Padrón que uns vaian ao colexio e outros non.
Tiña que ser un día non lectivo para que non fora nadie ao colexio ou ser un día normal e que
todos os nenos foran ao colexio como de costume.
MARTÍN DÍAZ 3A
Escollin a viñeta na que fala dos medios que dispoñen os centros escolares. Nesta viñeta saen un neno e unha nena camiñando cara ao colexio, o neno comenta que este ano van ter máis medios na escola e cando xa están na clase a nena vendo que solo teñen una metade da profesora dille que tiña razón no de que ian ter máis “medios”.
Creo que o noso instituto é un reflexo da crítica desta viñeta. Nos últimos cursos apenas tivemos dúas excursións e os ordenadores non funcionan do todo ben.
Esta situación, na miña opinión, dase cando os gobernos non dedican os medios necesarios para ter unha educación de calidade, algo que debería ser prioritario en todas as sociedades.
Sofía 3°A
Celia,3ºB
A viñeta cómica divídese en dous:na primeira podemos ver un neno e unha nena de camiño a escola,o neno di que este ano tendrán máis medios.Na segunda tira aparecen o neno e a nena sentados nos pupitres mirando a metade do corpo dunha mestra e a nena exclama:
"Tiñas razón,mira,media mestra!!".
Aquí o autor utiliza a retranca galega no que fai un xogo de palabras "medios",contan que ao comenzo do curso van ter máis medios:tecnolóxicos,máis profesorado,máis material,cartos para actividades extraescolares ou excursións...Pero cando chegan a aula e aparece a mestra que só ten a metade do seu corpo,refiríndose a que en vez de haber máis medios teñen menos.
Como conclusión penso que non debería de haber recortes na educación xa que é algo moi importante para o noso futuro e para a sociedade.
Carla Reboiras 3ºB
Na viñeta que escollín, aparecen dous homes falando entre eles sobre a educación dun neno. No texto di:"lo tenemos muy educado, cuando llegó solo hablaba en gallego y ya conseguimos que no hable nada".
Eu entendo que tratan ao galego coma unha lingua inferior e síntense avergonzados de que a xente o fale, o seo propósito é que esa lingua quede esquecida.
Na miña opinión estou en contra deste pensamento, porque o galego é unha lingua que non é inferior a ningunha e ademáis indentifícanos como persoas do noso propio territorio.
A viñeta que escollín trata de dous nenos camiñando cara ao colexio. O neno dille á nena: “Din que este ano imos ter máis medios”.
Ó que a nena responde: “Tiñas razón! Mira, media mestra!”.
Pareceume unha viñeta moi sinxela de entender. Fíxome gracia, os debuxos estaban moi ben feitos.
Julia Miniño Chaves 3A
Yulema Castro Rodríguez 3*A ,elexin a viñeta na que duas personas están a falar mal dun rapaz.
A min por unha parte paréceme correcto porque e o noso idioma e sempre temos a alguen ao redor que o fala,pero por outra parte tamen paréceme ven, porque se non lle gusta a súa lingua ten dereito a non utilizala ,a parte de que para algunhas persoas e moi difícil de
hablar e tamén se non queren falala non podemos impedilo.
Pero olvidarte da túa lingua non e moi normal.
Na viñeta que escollín podese ver a unha señora maior con algunhas galiñas,estas miranna e unha delas dille "Señora Xosefa!" e outra di "Poder executivo,poder lexislativo e poder xudicial!”
Elexín esta imaxe porque me parece “pouco común”,interesante e algo graciosa;xa que as galiñas na vida real non falan;aparte de que falan de un tema un tanto interesante,sobre os distintos tipos de poderes.
LUCÍA MUÑIZ AGUIÑO(3ºA)
eu escollin a viñeta que di:josefa,poder executivo,poder lexislativo e poder xudicial.Escollin esa viñeta por que era o que mais me custaba entender o ano pasado ao galego e ademáis no me aburria tanto coma outras cousas que se daban.Si que me gustou escoller a viñeta e gustariame volver a dar eso este ano en 3
Lara Romero Ferreira
A viñeta que eu escollín, foi na que fala sobre un home que levaba o primeiro día a profesora e uns pais ou cidadáns que estaban alí na rúa dician que debía de ser unha nena pequeniña que sería o seu primeiro dia de colexio,pero o que en verdad era é que no coche atopabasé a profesora que non quería ir ao colexio a aguantar aos nenos.
Esta viñeta pareceme bastante graciosa pola cal tes que pensar un pouco para adiviñar o mini chiste que ahí se encontra.
Tamén pareceme moi real xa que nós (alumnos)hoxe en día somos moito máis pesados que fai moitos anos atrás.
Yolanda Oliveira 3A
Eu elexín a viñeta que fala de que na escola celebran o día de Padrón e que uns van a clase e outros non, gustame por que me fixo gracia por que fai referencia aos pementos de dito sitio.
A min gustoume os dous homes con bata, probablemente cientificos conversando sobre un robot que se atopa alí roto.
IVÁN 3ºB
Mateo
Elixín unha viñeta na que aparecían dous profesores con bata blanca. Ao lado destes hai o que parecen ser restos dun robot estropeado. Polo diálogo que mantiñan os homes de bata, pódese deducir que o propósito do que nun pasado sería un robot, era o de ensinar aos nenos, pero non conseguíu aguantar nin un día e rematou convertido en chatarra. Non a escollín por ningunha razón en particular.
Eu elecín unha viñeta na que aparecen dou rapaces decindo de que este ano van a poñer mais medios e ao lado aparece unha saia e duas pernas dunha profesora
A min gustame porque xoga cos significados da palabra medios e esta ambientada nos tempos de hoxe
Nicolás Rozadas 3°A
Elexín unha viñeta na que había un home e dúas mulleres, o home con barba e traxe. A viñeta gustoume porque quere dicir que nos centramos máis noutros idiomas ca no galego. Non fai falla ser de fora de Galicia se non que hai moitas persoas de Galicia que pensan que son máis importantes as linguas máis usadas ( como por exemplo o inglés ) ca o noso. O galego estase perdendo, para que non se perda eu faría o seguinte: dar máis da metade das clases en galego e que os nenos estén obrigados a falar galego nesas clases.
Zahíra Silva Fernández 3B
Na miña viñeta hai un profesor que lle indica aos alumnos cómo teñen que facer para que un dos nenos poida saír á pizarra. Esto tenta esaxerar que o número de alumnos nas aulas vai en crescendo, facendo moito máis complicado dar clase con normalidade.
Clara de Asís García Dorado
3ºB
A viñeta que máis me gustou foi unha na que sae dous profesores e un robot desfeito no chan. Os profesores están a discutir sobre que no seu oficio teñen que ser pacientes e poder resolver as dudas dos estudantes, cousa que a tecnoloxía non sempre pode, por iso sae o robot desfeito, é unha metáfora de que non puido contra os alumnos, Temos que valorar máis o traballo dos Mestres xa que son os que nos van a formar para ter estudios, son algo moi importante.
Yanina Iglesias 3B
Eu escollín o da profesora que non quere entrar ao colexio porque paréceme unha situación moi irónica,xa que,normalmente son os alumnos os que non queren ver a profesora,e faime graza,xa que é o meu caso.
Roi Bravo 3ºA
A viñeta que escollín e na que o profesor di que os nenis xuntense pra que podía salir una rapaza ao encerado.
Eu interpretina como que Nas clases hai moitos nenos e por iso teñen que agruparse e xuntase uns para que outros pasen.
Laura 3°A
A viñeta que máis me chamou a atención foi a de un home defendendo aos hispanofalantes na USA, e despois cando outro señor quere dar a súa opinión dille que non lle fale en galego, chámame a atención porque está defendendo os dereitos dunha persoa a que incluso poden chagar a marxinar polo seu idioma e él é exactamente o que está facendo. María S. 3ro A
Carmen Fraga Álvarez. 3ºA.
Eu escollín varias viñetas, mais que nada pola súa temática común: A marxinación /discriminación da lingua.
O meu comentario vai destinado a todas esas, chamáronme a atención polo ben que os autores uniron a referencia co debuxo e como mostran á perfección como hai xente que discrimina tanto aos falantes coma a lingua ( no caso do debuxo no cal duas persoas están a falar) e a referencia da viñeta da señora que va ó médico e este fálalle en castelán e a muller pregunta se a enfermeira é a intérprete,creo que pódese apreciar con claridade como a xente mais moza xa non a fala en ningún ámbito nin intenta facer un esforzo en falala se a outra persoa o fai.
Como última ''caricatura'' a comentar quédame a do pai que di que educa ben ó seu fillo porque conseguiu que deixara de falar o idioma. Creo que representa a aquela xente que clasifica o galego coma unha lingua vulgar ou para probes, e como abolir o idioma do rapaz foi cousa boa e digna de eloxios.
Eu elexín a viñeta na que pon: - Din que este ano imos ter mais medios (iban falando unhas rapazas pola rúa).
- Tiñas razón, mira, media muestra.
Elexín este porque me fixo moita gracia e tienen razón, non hay suficientes medios
Enviar um comentário